Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Queres ser doutor? A UNED abriu o prazo de preinscrición

2 de junio de 2023

Se es unha persoa licenciada ou graduada, con mestrado oficial neste segundo caso, anímate a dar un gran paso máis para doutorarte. O doutoramento abrirache máis portas, máis posibilidades. A preinscrición vai do 1 ao 30 de xuño. 

OURENSE, 2 de xuño de 2023. O prazo de preinscrición de Doutoramento xa está aberto desde o 1 de xuño. Se a túa vocación é a investigación, na UNED tes a oportunidade de seguir dedicándote ao mundo académico. Existen máis de 20 programas ofertados de materias moi diversas, nos que tanto os titores como directores de tese axudarán ao doutorando a culminar a súa carreira, coa posibilidade de realizar a tese en diferentes modalidades. O prazo de preinscrición é do 1 ao 30 de xuño de 2023, sendo necesaria a acreditación das titulacións oficiais esixidas en cada caso para poder optar á praza.

Os estudantes con titulacións estranxeiras que non pertenzan a algún país do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) poderán acceder sen necesidade de homologación, simplemente solicitando a Autorización do Reitor para cursar estudos de Doutoramento na UNED, que acredite o nivel de formación cuxo proceso de petición permaneceu aberto ata maio de 2023. Unha vez realizada a inscrición, a matrícula poderá formalizarse e abonarse do 16 de octubro ás 9:00 ata o 17 de novembro de 2023 ás 00:00, hora española. Para entrar no proceso de admisión, é necesario estar rexistrado como usuario UNED. Para saber máis, consulta a páxina da Escola Internacional de Doutoramento da UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Ángela Blázquez  

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es