Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"¡Deséxame sorte!"

12 de junio de 2023

A convocatoria de xuño fixo que en UNED Ourense se realizaran 1.313 exames durante a última semana de maio e a segunda de xuño. Os estudantes demostraron o seu coñecemento en 42 sesións. 

OURENSE, 12 de xuño de 2023. A convocatoria de exames de xuño en UNED Ourense terminou coa realización de 1.313 probas en 42 sesións de dúas horas cada unha, desenvolvidas ao longo da última semana de maio e a segunda de xuño. Foron días de esforzo, de nervos e de moita normalidade, pois non hubo que salientar ningún incidente. 

Na primeira semana houbo 22 sesións de exames, desde o luns, 22 ao sábado 27 de maio. En total foron realizados 546 exames. Os máis numerosos corresponden ao grao en Psicoloxía, 145, seguidos de Dereito, con 126 probas. En terceiro lugar están os 96 exames do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos, os 48 do grao en Educación; 35 en Filoloxía, 22 exames en Filosofía; 15 de Selectividade mentras que tanto en Ciencias Políticas e Socioloxía como en Ciencias Económicas e Empresariais houbo en Ourense 12 exames respectivamente. O Centro de Idiomas a Distancia rexistrou esa semana en UNED Ourense 11 exames, seguidos dos 9 de Historia, 6 de Ciencias; 5 en Enxenería Informática y 4 exames en Enxeñería Industrial.

O Tribunal estivo composto polos doutores María Teresa Gibert Maceda, presidenta; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente; Blanca Mas Hesse, secretaria e Carmen Sánchez Penamayor, vocal. A Comisión de Apoio ao Tribunal integrárona o profesor titor Nemesio Pereira Lorenzo e os membros do PAS, Elisa Muradás Bravo e José Manuel Lage Vidal.

Na segunda semana houbo 20 sesións, desde o luns, día 5 ao venres 9 de xuño. Durante eses días realizáronse 767 exames y 6 de reserva. De Psicoloxía houbo 259 probas, seguidas das 207 de Dereito. En Ciencias da Educación desenvolvéronse 109 exames en Ourense. A continuación están os 38 que se fixeron en Filoloxía e os 36 correspondentes á Facultade de Xeografía e Historia, feitos por ourensáns. En Económicas e Empresariais leváronse a cabo 33 probas, 21 en Filosofía; 16 exames correspondentes a Ciencias, 15 do Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID); 13 exames correspondentes á área de Políticas e Socioloxía. En Enxenerías fixéronse 20 probas en UNED Ourense, 10 de Enxeñería Informática e outros tantos en Enxeñería Industrial.

O tribunal desta semana estivo formado polos doutores María Concepción Gómez Roán, presidenta; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente; Adán Pérez García, secretario e Julia Mayas Arellano, vocal. A Comisión de Apoio ao Tribunal estivo integrada pola profesora titora Natalia Carnicero Villamarín e os membros do PAS, María Elvira Pavón Pazos e María Gladys Fernández Losada.

A tranquilidade foi a nota dominante en todas as sesións. O director de UNED Ourense recibiu a todos os estudiantes desexándolles sorte e animándoos a desprenderse dos nervos con humor e o mesmo fixo ao rematar cada exame, interesándose por como lles saíra. Nunha ocasión unha estudante de Dereito pediulle expresamente que lle desexara sorte cun simpático "¡Desexame sorte!". Na sala houbo unha bandexa con caramelos para endulzar a mañá ou a tarde, tra-la entrega do exame. 

"Unha vez máis estamos moi satisfeitos co ambiente vivido estas dúas semanas da convocatoria de xuño no Centro. Demóstrase a madurez dos nosos estudantes e o seu saber estar na aula, de modo que vímolos esforzándose para superar cada proba. A mmoitos nótaselle a ilusión por acadar o grado ou mestrado no que se atopan matriculados. E con esforzo chegarán seguros ao final. Desexámoslle moita sorte; algunhas destas persoas finalizan este ano a súa carreira. A vindeira convocatoria de exames terémola na primeira semana de setembro. Esta Dirección séntese orgullosa dos estudantes que ten UNED Ourense. Moitos deles posúen un mérito tremendo por como teñen organizadas as súas vidas. Aquí demostrase que se queres, poder. E na UNED sen esforzo non se consigue nada", sinalou Jesús Manuel García. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es