Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O IES Ferro Couselo engádese aos obradoiros científicos da UNED

21 de julio de 2023

Coa nova incorporación xa son cinco os centros educativos ourensáns que se beneficiarán das iniciativas científicas que a UNED lles achega de maneira divulgativa e divertida.

OURENSE, 21 de xullo de 2023. O IES Ferro Couselo de Ourense súmase ao grupo de centros educativos que queren participar no programa de talleres científicos que a UNED celebra cada curso en Ourense. A coordinadora do Departamento de Física e Química, María José González Peralta, dirixiuse á Dirección de UNED Ourense para inscribir ao seu centro. Comunicou o interese "en establecer unha colaboración coa UNED para achegar aos alumnos de noso centro IES Xesus Ferro Couselo á investigación e ao coñecemento do método científico. Sabemos que as actividades se expoñen de forma lúdica e creativa co fin de espertar a curiosidade e o interese entre os escolares e novos, facilitando futuras vocacións científicas, xa que as actividades propostas inciden no valor da ciencia e a tecnoloxía pola súa utilidade social e económica". O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, agradeceu esta comunicación que se salda coa incorporación do IES Ferro Couselo ao programa científico escolar da nosa Universidade. Por agora os centros que colaboran son: IES Ferro Couselo, IES 12 de Outubro; CEIP Virxe de Covadonga, Colexio Miraflores e Colexio Guillelme Brown. Os obradoiros que xa celebrou a UNED nos catro últimos centros educativos nos dous últimos anos, contan co aval científico da Universidade e son moi ben aceptados polas comunidades deses centros.  Por eles pasaron máis de mil escolares, desde Primaria a Bacharelato. "O obxectivo é sementar e sementar, pois seguro que algunha vocación científica, cal planta, sairá desa sementa. Non o dubido. E isto é bo para os nosos novos estudantes", sinalou García Díaz. A última quenda de obradoiros tivo lugar os pasados días 10 e 11 de maio.

Polo de agora celebráronse talleres se Electromagnetismo, de fabricación de perfumes (Isto chéirame a ciencia); de Bioloxía, para obter ADN dun tomate e un taller de Óptica. Desde o Vicerreitorado de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica poténcianse estes talleres e Ourense é xa unha praza formalmente asentada para estas actividades que tanta ilusión provocan e tanto coñecemento achegan dun modo divertido. De dous deses talleres, o de Electromagnetismo e o de Óptica, a UNED dispón de senllos kits que conteñen varios experimentos para realizar na aula. O de Electromagnetismo contén 11 experimentos e o de Óptica, 34. A cada centro, nada máis finalizar eses obradoiros, obséquiaselles cun kit para que o usen nas súas clases de ciencias. Sempre co control do profesor, pois hai experimentos nos que se non se utiliza o material provisto, revisten risco.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es