Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Segue aberto o prazo de matrícula para o curso de iniciación á paleografía medieval

20 de abril de 2023

Organizado pola UNED, celebrarase do 24 ao 28 de abril no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e conta co aval científico da Facultade de Xeografía e Historia da nosa Universidade.

OURENSE, 20 de abril de 2023. UNED Ourense mantén aberta a matricula para que se podan apuntar cantas persoas sintan curiosidade por participar no curso de Iniciación á Paleografía que comezará o vindeiro lunes, ás 16:30 horas, e que se celebrará na sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOU) ata o venres, 28 de abril. Este curso está organizado pola Facultade de Xeografía e Historia da UNED en colaboración co Arquivo. Polo de agora matriculáronse 42 persoas de Ourense así como de diversos puntos de España. Esta iniciativa conta co aval científico do Departamento de Historia Medieval, Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. O AHPOU facilitará documentos que servirán de exemplo para as nocións teóricas. Tamén poderase realizar en liña, ben sexa en directo ou en diferido.

A inscrición está aberta a calquer persoa interesada en achergarse á paleografía medieval sen necesidade de ter coñecementos previos.

Programa do curso e formulario de inscrición nesta ligazón

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es