Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Convocatoria de exames de setembro 2022

2 de septiembre de 2022

UNED Ourense facilítache información e recomendacións para encarar con éxito as probas presenciais que comezan o luns, día 5 ata o sábado, día 10.

OURENSE, 2 de setembro de 2022. O vindeiro luns, día  5, comezan as probas presenciais de setembro, as últimas do curso 2021/22. Os exames realizaranse íntegramente na  sede do Centro Asociado de Ourense, onde podes examinarte de todas as carreiras que imparte a UNED, incluídas as que non se titorizan no Centro. Recorda que na Aula Universitaria de A Rúa NON se realizan exames.

Si desexas examinarte noutro Centro distinto ao que estás matriculado debes solicitalo por escrito, á atención da Dirección do Centro onde vas examinarte, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula.

Os estudantes de GraoMestrado OficialCursos de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Centro Universitario de Idiomas da UNED (CUID) dispoñen únicamente de unha semana para realizar os exames das materias pendentes: 

  • Semana única de exames: do luns 5 ao sábado 10 de setembro de 2022.

Hai catro sesións ao longo de cada xornada: dúas na quenda mañá (9:00 e 11:30 horas) e dúas na quenda de tarde (16:00 e 18:30 horas). Consulta o calendario de exames aquí para coñecer que quenda se axeita mellor ás túas necesidades.

Exames de reserva (sábado 10 de setembro):

  • Quendas de reserva para Graos e Mestrados:
    1. 9:00 h.: Exames celebrados nas sesións do luns, martes e mércores.
    2.  -16.00 h.: Exames celebrados nas sesións do xoves e venres. 

  • Quenda de reserva para Acceso a Maiores de 25 e 45 anos será ás 16:00h
  • Todos os estudantes presentaranse á hora de comezo da sesión. 
  • Poderanse realizar un máximo de 3 exames sen interrupción durante 4 horas
  • No caso de presentarse a 1 ou 2 exames, o tempo máximo axustarase ao establecido en cada ún. 
  • Únicamente poderán concurrir aqueles estudantes a quenes lles coincidan dúas ou máis materias no mesmo día e á mesma hora. 
  • As reservas dos estudantes no exterior deben tramitarse na páxina web de Centros no Estranxeiro da UNED (centros.extranjero@adm.uned.es).

É necesario acudir co carné de estudante deste curso académico 2021/2022, acompañado do DNI, documentos que serán requeridos polos membros do Tribunal de Probas Presenciais.

Durante os días de celebración de exames, a sala de lectura da Biblioteca de UNED Ourense, permanecerá aberta de continuo en horario de 9:00 da mañá a 9:00 da noite, de luns a venres. 

Desde UNED Ourense recoméndase que a chegada ás instalacións se faga con 15 minutos de antelación.

  • Para máis información sobre o desenvolvemento dos exames, como examinarte e para consultar consultar a normativa de exames, pincha aquí.

Calquera outra consulta podes facela en: 

  • Secretaría de UNED Ourense  (Urbanización Torres do Pino, s/n, 32001 Ourense), no teléfono: 988  371444 ou no correo electrónico: info@ourense.uned.es

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es