Mapa web
Youtube
Campus UNED

Aberto o prazo  de admisión para estudar Graos e Graos Combinados en UNED Ourense

15 de junio de 2022

Desde o 15 de xuño ata o 21 de outubro queda aberto o prazo de Admisión para estudar Graos ou Graos Combinados. Na UNED non hai límite de prazas nin nota de corte, pero a Admisión serve para solicita ol traslado de expediente ou a simultaneidade destes estudos desde outra Universidade española á UNED antes de proceder á matriculación.

OURENSE, 15 de xuño de  2022. Este proceso de Admisión, previo á matriculación, deben facelo aquelas persoas que desexen estudar un Grao na UNED e acaban de facer a EBAU (ou fixeron a antiga Selectividade), quenes superaran a Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos noutra universidade distinta da UNED ou aqueless estudantes que veñen de outra universidade, xa sexa para continuar os seus estudos na UNED ou para simultanealos con un dos nosos Graos.

Novos Graos

O vindeiro curso 2022-2023, a UNED incorpora como novidade dous novos Graos, que se suman á oferta educativa que actualmente a compoñen 30 Graos e 11 Graos Combinados.

novo Grao en Educación Infantil completará a oferta da Facultade de Educación, preparando futuros graduados dedicados á formación de nenos durante a primeira infancia, dos 0 aos 6 anos. Este Grao ofrece ao estudantado a oportunidade de adquirir os coñecementos académicos e profesionais necesarios para completara súa   formación intelectual e afrontar as diversas funcións da súa vida profesional nun entorno escolar e social cambiante. Tamén a súa posta en marcha resposta a unha das demandas sociais históricas da UNED.

Tamén dará comezo o novo Grao en Enxeñería da Enerxía, que se engade á ampla oferta da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. Este Grao ofrece aos estudantes os coñecementos para facer fronte aos retos tecnolóxicos, formando aos futuros profesionais con métodos sólidos, para que sexan capaces de contribuir en materias de sostenibilidade, eficiencia global, ética profesional a cantos elementos necesiten para deseñar políticas enerxéticas de aforro e racionalidade na xración e uso da enerxía.  

Novos Mestrados

Adicional aos Graos que se ofertan este curso, a UNED amplía a súa oferta de Mestrados. a formación mediante mestrados facilita a actualizacióne o enriquecemento do coñecemento dos profesionais de xeito que sean quen de adaptalo ao vertixinoso cambio da sociedade. Con elo, os estudantes adquiren novos recursos que, sumados á súa formación anterior e experiencia laboral, apórtalles un maior dominio profesional e melloran a súa empregabilidade. 

Inclúese como novidade o Mestrado en Ciencias Políticas: Análise Política, Políticas Públicas e Política Internacionalonde se estuda como as diversas transformacións sociais e culturais sobre o proceso político, sobre as políticas públicas, sobre as relacións e políticas internacionais, aplicando novas ferramientas e análises innovadoras.

Este próximo curso impartirase tamén por primeira vez, o Mestrado Universitario en Enxeñería das Tecnoloxías Educativas, onde os estudantes se formarán para o desenvolvemento de alternativas tecnolóxicas e de formación baseadas en TIC. O curso pretende dotar aos estudantes de capacidades profesionais ben definidas en tecnoloxías, específicas da Exeñería Informática, pero tamén en habilidades de dirección e xestión no eido da Enxeñería. 

O prazo de Preinscrición para algúns mestrados permanece aberto ata o 5 de xullo.

Matrícula do 7 dexullo ao 21 de outubro

prazo de matrícula para GraosGraos CombinadosMestrados, Microtítulos ou o Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos da UNED dará comezo o 7 de xullo e permanecerá aberto ata o 21 de outubro de 2022. Trátase dun procedemento de matriculación sinxelo e  totalmente en liña. Neste proceso de matriculación, e en colaboración co COIE da UNED, os estudantes contan cun planificador de matrícula. O planificador é un recurso moi útil que permite confrontar dunha forma obxectiva o tempo efectivo dispoñible para o estudo e o que requiren as materias nas que se desexa matricular o estudante. Deste modo, os estudantes poden matricularse en aquelas materias que realmente poden asumir, incrementando as súas posibilidades de superar o contido das materias de xeito exitoso. 

Igualmente, ata o 30 de xuño é posible facer a preinscrición nos programas de Doutoramento.

Con esta oferta educativa, a UNED resposta e axeitase ás necesidades educativas actuais e se posiciona cara o novo curso cunha oferta variada e ampla e a  garantía do seu modelo de ensino en liña e semipresencial, líder no seu sector.

E se aínda quedan dúbidas en relación á UNED, a oferta educativa ou a metodoloxía en liña e semipresencial líder ata o 1 de xullo pódese asistir ás xornadas de portas abertas, presenciais e en liña. Os equipos decanais das Facultades e Escolas darán información e respostarán todas as dúbidas dos asistentes.

 

María Vioque

Edición web: Rafael Carretero del Puerto

UNED OURENSE

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es