Mapa web
Youtube
Campus UNED

Alumnos de toda España e de Perú siguen un curso de computación cuántica organizado en UNED Ourense

10 de marzo de 2021

Ata o 15 de abril o profesor José Luis López explicará diversos aspectos desde fundamentos básicos de computación cuántica ata os algoritmos de Grover, de Simon ou  a criptografía cuántica.

OURENSE, 10 de marzo de 2021.- O Centro Asociado de UNED Ourense está a celebrar unha nova edición do Curso básico de introdución á computación cuántica e nocións de información cuántica. Nel, o profesor José Luis López Fernández explica conceptos de álxebra lineal e mecánica cuántica, necesarios para comprender mellor os contidos formativos.

Este curso empezou o pasado día 8 de marzo e prolongarase ata o 15 de abril. O profesor López Fernández é coordinador Tecnolóxico de UNED Ourense. Nesta iniciativa están a participar 31 alumnos. Trátase de 5 mulleres e 26 homes que seguen virtualmente as sesións desde Andalucía, Asturias, Aragón, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia así como de Perú. Deles 20 son estudantes da UNED. Este curso consta de 25 horas lectivas e 1 crédito ECTS. 

Programa

A primeira sesión do luns, día 8 de marzo, versou sobre a Introducción á computación cuántica. Fundamentos básicos. O día 11 o ponente falará do Modelo matemático da computación cuántica. Qubits, Jupiter Notebook, Quiskit. O 15 de marzo, López Fernández disertará sobre Estados cuánticos. Entrelazamento cuántico (entanglement), parte 1. Para o 18 de marzo o tema a tratar será Estados cuánticos. Entrelazamento cuántico (entanglement) parte 2.

O lunes, 22 de marzo os inscritos coñecerán datos sobre Computación cuántica. Portas cuánticas. Modelo de circuitos. Hardware, parte 1. O xoves, 25 de marzo, o tema elexido é Implementación Algoritmos. IBM QX.

Xa o 7 de abril tocará tratar sobre a  Teleportación cuántica. Superdense Coding. Ao día seginte, o ponente explicará Portas Toffoli. Algoritmo Deustch-Josza. Complejidad.

O luns, 12 de abril, José Luis López tratará sobre o Algoritmo Shor. Criptografía cuántica. E o 14 de abril, se falará da Transformada cuántica Fourier. A última sesión, prevista para o 15 de abril, estará dedicada a amosar o tema titulado: Outros. Quantum error correction. OpenQASM. Algoritmo Grover, Simon.

O curso está dirixido por Timothy Martin Read, profesor titular de Universidade. Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos. ETS Enxeñería Informática da UNED. Vai dirixido a estudantes universitarios e de ciclos formativos afíns á materia do curso e interesados en xeral na materia.

O obxectivo é poder establecer unhas bases de coñecemento sobre a computación cuántica. Todos os contidos acompáñanse de boletíns de exercicios para reforzar a aprendizaxe. Será necesario para superar o curso realizar satisfactoriamente unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo durante o seu desenvolvemento así como cubrir a enquisa final de curso. Esta iniciativa conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e da Clínica Guitián-Centro Médico Odontolóxico

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es