Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Campus Noroeste da UNED organiza do 6 ao 27 de novembro o curso gratuito Cultura do Viño e Gastronomía

3 de noviembre de 2020

UNED Ourense aportará o día 13 unha ponencia de Jorge Vila, sobre os caldos e gastronomía da provincia  

OURENSE, 3 de novembro de 2020.- Desde o ano 2008, o programa Wine in moderation agrupa a diversas organizacións de consumidores, universidades, institucións, etc., co gallo de promover a moderación no consumo do viño, dentro do marco da responsabilidade social que conleva, e o seu goce como patrimonio da Humanidade. A isto súmase que a gastronomía, vocábulo procedente do grego γαστρονομία, fixo que o viño se convertese nos inicios da Historia, en parte da nosa encomiada dieta mediterránea, cun desenvolvemento que actualmente excede o sector turístico, pois a cociña e o viño convertéronse en toda unha experiencia para os sentidos e nun elemento cultural de primeira orde. Dentro da rica variedade do noso país, as catro comunidades que abarca o Campus Noroeste da UNED, destacan pola excelencia dos seus caldos e/ou as delicias gastronómicas e, en consecuencia, varios Centros Asociados van presentar a persoas, viños e alimentos como expresión de elementos culturais, desde os aspectos máis tradicionais aos máis vangardistas.

 O programa comezará o 6 de novembro e estenderase ata o día 27 dese mes. Relatores e relatorios quedan como seguen

  • venres, 6 de novembro
   19:00-19:10 h. Presentación do curso no Centro Asociado de Segovia

   Dr. Víctor M. González Sánchez Director do Campus Noroeste da UNED

   19:10-20:30 h. Binomio e Armonía, Saúde e Pracer (C. A. UNED Segovia)

   José María Ruiz Benito Empresario e restaurador. Premio "Alimentos de España a la Restauración 2019"

  • martes, 10 de novembro
   19:00-20:30 h. Cultura do viño e gastronomía   (C. A. UNED Pontevedra)

    María del Rocío Acha Barral Conservadora de Museos do Viño directora do Mestrado de Museos do Instituto Iberoamericano de Museología

  • xoves, 12 de novembro
   19:00-20:30 h. Visións que suman: Tecnoloxía e turismo sostible no mundo do viño  (C. A. UNED Ponferrada)

   Oscar Cela Cobo Enxeñeiro e emprendedor

   Olga Verde Vieitez Presidenta Bierzo Enoturismo

  • venres, 13 de novembro
   19:00-20:30 h. Cultura do viño e gastronomía   (C. A. UNED Ourense)

    Jorge Vila Fundador e director de Galicia.wine

  • martes, 17 de novembro
   19:00-20:30 h. Enoturismo e desenvolvemento rural en Castela e León, o modelo de rutas do viño   (C. A. UNED Palencia)

    David Muriel Alonso Director da Escuela Superior de Enoturismo de CyL

  • venres, 20 de novembro
   19:00-20:30 h. Redución da pegada de carbono: Viños Ecolóxicos e Biodinámicos   (C. A. UNED Lugo)

   Enrique Santiago Pérez Espino Enxeñeiro de Montes e Técnico Superior de Enoloxía

  • venres, 27 de novembro
   19:00-20:30 h. Tres produtos zamoranos de excelencia: viño, queixo e leitón. Clausura desde o C. A. UNED Zamora

    Manuel Fariña Adegueiro das DO. Toro, tierra del Vino e Arribes

    Félix Vicente Pastor Queixeiro. D. Queso Zamorano

    José María Esbec Restaurador, propietario de restaurante

             

A conferencia do día 13, que aporta Ourense, poderá seguirse tamén presencialmente desde o Centro Asociado. Para elo hai que avisar con antelación de modo que se garden as medidas de seguridade en vigor.

O Campus Noroeste da UNED está formado por 14 centros asociados: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; Ponferrada, Xixón, Zamora, Palencia; Burgos, Ávila, Segovia, Soria, Plasencia e Mérida.

Inscríbete aquí.

  

          

UNED Ourense

Comunicación  

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es