Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O papel da muller no franquismo e na transición, a debate en Ourense

23 de febrero de 2024

A UNED e a Uvigo organizan unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, do 4 ao 8 de marzo. É unha cita clásica no panorama historiográfico galego. Constan de 20 horas lectivas que dan dereito a 1 crédito ECTS.

OURENSE, 23 de febreiro de 2024. As Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas polo grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da Facultade de Historia de Ourense, e por UNED Ourense, gozan dunha longa tradición dentro do panorama historiográfico galego. Nesta edición propoñen un achegamento a diversos aspectos como a represión de xénero, as novas investigacións sobre o papel das mulleres na guerrilla a partir dos traballos desenvolvidos na «Cidade da Selva» (Casaio-Carballeda de Valdeorras, Ourense), a violencia institucional de xénero na transición á democracia e o papel do Movemento Democrático de Mulleres nas mobilizacións de mediados dos anos setenta.

Vanse celebrar do 4 ao 8 de marzo baixo o título: As mulleres no franquismo e a transición á democracia: represión, violencias e mobilización. Estas xornadas poderán seguirse en liña. Os inscritos van recibir un enlace para que podan seguir as sesións por streaming. Consta de 20 horas lectivas, que darán dereito a obter 1 crédito ECTS. 

O programa queda como segue:

Luns, 4 de marzo

  • 16:00-16:15 h. Inauguración das Xornadas a cargo de Julio Prada Rodríguez, director do curso e decano de la Facultad de Historia da Uvigo, e Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense.
  • 16:30-18:00 h. A represión sobre as mulleres. Algunhas claves interpretativas. Con Julio Prada Rodríguez, catedrático de Historia Contemporánea na Uvigo e profesor-titor de UNED Ourense
  • 18:00-19:30 h. Mulleres na contorna da «Cidade da Selva»: a materialidade, a memoria e os documentos desde a perspectiva de xénero, a cargo de Laura Martínez Panizo, graduada en Historia e Mestrado en Historia Contemporánea na USC. Membro de Sputnik Labrego-Real Academia de España en Roma.

Martes, 5 de marzo

  • 16:30-18:00 h. (IN)Xustiza transicional: análise da violencia institucional de xénero na transición á democracia. Con Enya Antelo Alvite, graduada en Historia e Mestrado en Historia Contemporánea da USC.
  • 18:00-19:30 h. Luces e sombras: o Movemento Democrático de Mulleres en Galicia. Este relatorio defenderao María Concepción Álvarez Gómez, secretaria e profesora titora de UNED Ourense , licenciada en Historia pola USC e Mestrado Universitario Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Uvigo.

Mércores, 6 de marzo

  • .16:00-21:00 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE EN LIÑA: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, con Julio Prada Rodríguez.

Xoves, 7 de marzo

  • 16:00-21:00 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE EN LIÑA: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, con Julio Prada Rodríguez.  

Venres, 8 de marzo

  • 16:30-20:30 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE EN LIÑA: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, a cargo de Julio Prada Rodríguez. 

Este curso necesita inscripción que será de balde. Recibirase en diferido (todas as sesións foron gravadas previamente). As persoas inscritas enviaráselles o día do inicio do curso o enlace dos vídeos. 

Para ter dereito a diploma, deberán entregarse as actividades de formación en liña en MOOVI (UVigo) on enviándoas a jprada@ourense.uned.es antes do 3 de maio de 2024. Solicitouse 0,8 créditos ECTS para estudantes da UVigo.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es