Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Camiño Meridional, en perspectiva de xénero, desde Allariz

16 de abril de 2024

Alejandra Fernández, avogada, disertará este mércores na sede municipal da vila alaricana, dentro do ciclo gratuito que sobre o Camiño organizaron os centros universitarios da UNED en Zamora e Ourense.

OURENSE, 16 de abril de 2024. Allariz será a seguinte parada do ciclo de conferencias Os Camiños de Santiago: o Camiño Mozárabe o Meridional nas provincias de Zamora e Ourense, organizado por UNED Zamora e UNED Ourense. A cita será este mércores, 17 de abril, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello alaricano, un salón amplio que permite as conexións necesarias deste curso. Nesta ocasión a relatora será Alejandra Fernández González, avogada especializada en políticas de igualdade. O seu relatorio leva por título: O Camiño Meridional en perspectiva de xénero. Esta é a quinta conferencia do ciclo iniciado o pasado día 2 de abril na ciudade de Benavente. Viñeron desenvolvéndose sesións en Rionegro del Puente, en Puebla de Sanabria e en Verín. No acto do mércores se espera contar coa presenza da alcaldesa, Cristina Cid e co director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, que presentará á relatora. 

Este ciclo está tendo éxito polas máis de 250 persoas inscritas desde outras zonas de España e do mundo, ademáis dos cidadáns que acoden presencialmente ás salas onde ten lugar o evento. 

A última conferencia será este venres, ás 19:00 horas, en Ourense:

  • Día 19 de abril, venres: César Pichel, arquitecto director da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Ourense no cambio de milenio, falará de Ourense, o ‘corazón’ do Camiño Meridional. Ese día terá lugar a clausura oficial deste ciclo coa presenza dos presidentes das deputacións de Zamora e Ourense. Será no salón do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Para seguir en liña as conferencias hai que inscribirse gratuitamente aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es