Mapa web
Youtube
UNED

A UNED abre o prazo de matrícula para graos desde o 5 de febreiro ao 10 de marzo

13 de enero de 2020

É a derradeira ocasión para inscribirse co título de Bachalerato nos graos obtido antes do curso académico 2016-2017

OURENSE, 13 de xaneiro de 2020.- A UNED abre prazo de matrícula para Graos, que irá desde o 5 de febreiro ata o 10 de marzo. Así poderán inscribirse todos aqueles cidadáns que se queren matricular por primeira vez na Universidade  Nacional de Educación a Distancia e tamén para todos aqueles que se matricularon antes do 23 de outubro de 2019 e queren ampliar matricula. Estes son:

    a) alumnos novos no grao (matriculáronse por primeira vez neste curso académico): deben ter un mínimo de 36 créditos matriculados.

     b) antigos alumnos no grao: cun mínimo de 30 créditos matriculados.

    Igualmente poderanse matricular aqueles alumnos da UNED do mesmo grao que non realizaron matrícula antes do 23 de outubro de 2019, neste caso non hai límite mínimo de créditos.

A matrícula para realizar a Proba libre do curso de Acceso de 25 e 45 anos poderá levarse a cabo entre os días 3 e 28 de febreiro.  E quen pretenda acceder á Universidade acreditando experiencia profesional, neste caso maiores de 40 anos, poderán matricularse entre o 16 de marzo e o 16 de abril de 2020.

É importante subliñar que neste momento é a derradeira oportunidade de matricularse co título de Bachalerato nos graos obtido antes do curso académico 2016-2017.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es