Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¿Vives noutro país e queres estudar nunha universidade española?

12 de marzo de 2023

UNEDasiss ten abertos os prazos para solicitar a súa acreditación, para solicitar a realización de probas de Competencia Específica así como para coñecer as datas de exames, os periodos de inscripción universitaria e os de tramitación. 

OURENSE, 12 de marzo de 2023. UNEDasiss ten abertos todos os prazos para que os estudantes que residen no estranxeiro podan estudar nunha universidade española. Este servizo que presta a UNED é unha ponte de grande importancia para axudar aos estudantes internacionais a ingresar e facer carreira nunha institución académica superior española. UNEDasiss é un servizo da UNED especialmente dirixido aos estudantes internacionais.

Por medio da UNEDasiss os estudantes internacionais poden obter unha acreditación coa que poderán solicitar admisión a estudos de grao en universidades españolas. A acreditación de UNEDasiss é un documento dixital ao que terán acceso directamente as universidades a través da plataforma dixital de UNEDasiss.

Misión

  • Facilitar o acceso á universidade española aos estudantes de sistemas educativos internacionais mediante a expedición de acreditacións e da realización de probas de competencias específicas.
  • Facilitar a internacionalización da Universidad Española, ofrecendo ás Universidades unha valoración homoxénea e regulada dos expedientes académicos e os coñecementos e competencias obtidos en sistemas educativos internacionais.

 

Visión

  • Convertirse nun referente a nivel nacional e internacional nas actividades relacionadas coa acreditación de estudos preuniversitarios realizados en sistemas educativos internacionais para o acceso á universidade en España.
 

Valores

  • Axilidade máxima na tramitación das solicitudes de acreditación que garante a todos os estudantes a posibilidade de acceder á Universidad en España en condicións de igualdade cos estudantes do sistema educativo español e nos prazos establecidos nos procedementos de admisión nas universidades.
 

Principios éticos

  • Orientación ao Cliente.
  • Eficacia e axilidade na xestión.

  • Garantía de igualdade de oportunidades.

 

Prazos para solicitar a acreditación de UNEDasiss

O prazo para solicitar a acreditación de UNEDasiss en liña, abriuse o 6 de febrero e pecharase o 1 de diciembre, como cada ano. Con todo, debes ter en conta os prazos para solicitar examinarte das Probas de Competencias Específicas (PCE) e os prazos de admisión ás universidades.

Para poder tramitar a túa solicitude a tempo, recomendámosche que a envíes o antes posible e como mínimo, 6 semanas antes do peche de inscrición universitaria. Recorda, que debes enviar o teu tu formulario en liña e tamén a documentación académica.

Prazos para solicitar PCE

  1. Convocatoria de maio/xuño 2023: Podes solicitar examinarte de PCE desde o 27 de febreiro e o peche desa convocatoria é o 3 de maio.
  2. Convocatoria de setembro 2023:  Podes solicitar examinarte de PCE  desde o 29 de xuño e o peche desa convocatoria farase o 21 de xullo. 

Fechas de exames

  1. Convocatoria de maio/xuño 2023: Os exames celebraranse do 22 ao 26 de maio en territorio español e do 5 ao 10 de xuño no extranxeiro. 
  2. Convocatoria de setembro 2023: Os exames realizaranse do 4 ao 9 de setembro.

Prazos de inscrición universitaria

Para poder obter unha praza na universidade española, é necesario que realices a preinscrición universitaria nos prazos determinados por cada universidade. As universidades públicas soen pechar o seu prazo de preinscrición nos primeiros días do mes de xullo, malia que algunhas poden ter prazos distintos. Recorda preguntar estes prazos cando consultes na universidade na que queres iniciar estudos.

Para a admisión no ano 2022, a data límite para solicitar a admisión ás universidades por parte dos estudintes internacionais é o 7 de xullo, malia que se pode aportar documentación ata o 31 de xullo (ver documento relacionado)

Prazos de tramitación

  • UNEDasiss dispón dun prazo máximo de tres meses para tramitar a súa solicitude. Normalmente o prazo de tramitación é máis curto e os expedientes poden estar resoltos no prazo de 3 semanas desde que recibimos a solicitude xunto coa documentación e o pago. Se faltase algún documento ou trámite imprescindible, enviaremos un email indicando o que necesitamos para poder tramitar a solicitude.
  • Os estudantes que teñan en trámite de legalización a súa documentación ou que non houberan  rematado os seus estudos nas datas de admisión á universidade en España, deberán enviar o último expediente académico que teñan e as notas legalizadas do curso anterior xunto coa súa solicitude, quedando pendente o envío do resto de documentación legalizada o antes posible.
  • Os estudantes que remitan esta documentación pendente ou a credencial de homologación con data límite o 31 de outubro, poderán obter unha nova acreditación coa calificación de admisión modificada se procede. A documentación recibida con posterioridade a esa data non modificará a calificación de admisión nesa convocatoria.

Prazos para a recepción de documentación

  • A documentación presentada nos rexistros electrónicos chega a UNEDasiss no prazo de 3 días laborales.
  • A documentación enviada por correo postal desde o estranxeiro chega a UNEDasiss nun plazo superior a 15 días laborables.

  • Consulte nas oficinas diplomáticas de España no estranxeiro o tempo que tardará en chegar a súa documentación.

  • Para máis información sobre como presentar a documentación, consulte aquí.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es