Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ven facer fotografía creativa coa UNED

23 de septiembre de 2021

Os días 15 e 22 de outubro, a Aula de UNED Ourense en A Rúa acollerá un curso para fomentar a imaxinación nos participantes

OURENSE, 23 de Setembro 2021.-UNED Ourense organiza un obradoiro de fotografía no que os participantes aprenderán a desenvolver unha proposta fotográfica desde un enfoque teórico-práctico. Nun ambiente dinámico e participativo, analizan a obra de outros autores  tenrán oportunidade de dar liberdade á súa  imaxinación. Este curso celebrarase na Aula de A Rúa, os venres, 15 e 22 de outubro, desde as 15.30 horas. Recoméndase aos participantes que, para aproveitar ao máximo o obradoiro, deberían asistir cunha cámara con funcións manuais e trípode se dispoñen del. A ponente é Estela López Carracedo  e o programa queda como segue: 

  • venres, 15 de outubro
    • 15:30-20:30 h. Repaso dos conceptos básicos da fotografía e coñecemento da importancia da linguaxe audiovisual para dar máis sentido ás nosas creacións. Se explicará que é a creatividade, o proceso creativo. A segunda parte será en exteriores, se é posible. Así, están previstos algúns exercizos unos para poñer en práctica todo o anterior. Comezarase traballando de forma conxunta nun concepto e, de forma individual, antes da próxima clase, traballarase nas fotografías desa idea conxunta.
  • vernes, 22 de outubro
    • 15:30-20:30 h. Esta xornada estará dedicada ao proxecto persoal, as súas fases e as diferentes técnicas e soportes. Será un tempo para ve as fotografías que os alumnos enviarán previamente por correo electrónico. Vanse analizar os diferentes resultados para o mesmo tema, e tamén se verá polo miúdo a obra de outros autores. Na segunda parte desta xornada, por parellas, os participantes realizarán unha práctica de retrato creativo dun personaxe ficticio.

As prazas se limitan a 30. A matrícula custa 30 euros e faise en liña a través deste enderezo: Matrícula online

Este curso está dirixido por María José López Cid, profesora titora de Psicoloxía na Aula valdeorresa de UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es