Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED e Uvigo celebran unhas xornadas sobre violencia, mobilización e exilio na Guerra Civil

25 de febrero de 2026

Ambas universidades manteñen, desde fai máis dunha década, esta cita coa Historia Contemporánea e do Tempo Presente na que xa se inscribiron 511 persoas.

OURENSE, 25 de febreiro de 2026. A UNED e a Uvigo ofrecen unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas polo grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da Facultade de Historia de Ourense conxuntamente co Centro Asociado á UNED en Ourense. Esta cita académica anual goza dunha longa tradición dentro do panorama historiográfico galego. Nesta edición, e no marco da conmemoración dos 90 anos da guerra civil española, propoñen unha aproximación a diversos aspectos relacionados coa violencia, a mobilización e o exilio. 

Estas xornadas terán lugar do 2 ao 6 de marzo de 2026. Constan de 20 horas lectivas e dan dereito a conseguir 1 crédito ECTS. A programación poderá seguirse exclusivamente en liña. 

O programa é o seguinte:

Luns, 2 de marzo 

  • 16:15-16:30 h. Inauguración das xornadas a cargo de Jesús Manuel García (Director UNED Ourense) e Julio Prada (Decano da Facultade de Historia da Uvigo e director das Xornadas), 
  • 16:30-18:00 h. A guerra civil española. Experiencia, mobilización e adoctrinamiento (1936-1939), con Miguel Alonso Ibarra, profesor Permanente Laboral de Historia Contemporánea na UNED.
  • 18:00-19:30 h. Os perpetradores na España golpista de 1936: identidade, cadea de mando e lóxicas da violencia, tema que desenvolverá David Alegre Lorenz, profesor lector da Universitat Autònoma de Barcelona.

Martes, 3 de marzo 

  • 16:30-18:00 h. Exiliadas en Francia. Traballos, experiencias e loitas de mulleres republicanas españolas, con Rocío Negrete Peña, investigadora posdoctoral no Departamento de Historia Contemporánea (UNED) 
  • 18:00-19:30 h. Unha guerra que non termina en 1939, tema do que falará Arnau Fernández Pasalodos, contratado posdoctoral Juan da Cerva. Universidade de Granada. 

Mércores, 4 de marzo, Xoves, 5 de marzo e Venres, 6 de marzo

 16:00-21:00 h. (O venres só ata as 20:30h) Actividades de formación docente on-line: A guerra civil española 90 anos despois. Violencia, mobilización, exilio e didáctica da Historia. Con Julio Prada Rodríguez, Catedrático de Historia Contemporánea na Uvigo e Profesor-Titor de UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es