Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Os alumnos da UNED Senior elixen estes días as materias a impartirse en Ourense no novo curso

21 de mayo de 2019

Cualquer ourensán maior de 55 anos puede matricularse tamén nesta modalidade tan social e agradecida da Universidad Nacional de Educación a Distancia

OURENSE, 21 de maio de 2019.- Os alumnos da UNED Senior de Ourense, e todas aquelas persoas que desexen enrolarse neste proxecto para maiores da Universidade Nacional de Educación a Distancia, están a elixir as materias que se impartirán no curso entrante. Como xa é habitual, varios docentes fan propostas á UNED, este ano hai un total de 25 materias a cargo de 13 docentes. Agora os actuais matriculados, e os que desexen incorporarse, dispoñen dunha listaxe con esas materias e, coa chegada do novo curso, impartiranse as oito que maior votación obteñan.

Por agora os actuais alumnos da UNED Senior en Ourense poden apuntarse en cursos de temática variada: administración electrónica, alfabetización informática e internet; conversación en inglés cun profesor nativo; outro curso de cultura científica, viaxe a través da ciencia; outro sobre discapacidade intelectual e física, ademais dun curso dedicado a coñecer os distintos tipos de adiccións.

Os alumnos maiores poden apuntarse agora a outras ofertas de cursos como o de educación no desenvolvemento sustentable, outro de arte do mundo contemporáneo e a  postmodernidad. Para aqueles con inquietudes sanitarias hai un ciclo de enfermidades mentais: achegamento aos diferentes trastornos. Non falta na grella de cursos uno sobre nutrición, saúde e enfermidade. A filosofía contemporánea é outra opción para elixir así como o curso Gaia: un planeta que agoniza.

Se obtén as peticións suficientes, os alumnos poderían ter un curso que permite ver Galicia a través dos medios audiovisuais. E o inglés non pode faltar, pois se oferta un curso de inglés básico para comunicar e divertirse. Hai outro da mesma lingua, tamén básico, para o tempo libre e lecer e un terceiro dedicado ao mundo das viaxes.

A grella actual tamén contén un ciclo de introdución á Psicoloxía e outro de achegamento ao cinema. 

A UNED conta cunha oferta interesante nesta sección onde os máis maiores son os verdadeiros protagonistas. Así, hai un curso titulado A  Dolce  Vita do cinema italiano: do neorrealismo ao  Spaghetti  western. Outras opcións son a literatura inglesa medieval ou unha engaiolante viaxe ao estilo de vida dos xesuítas a través dos seus  refectorios, entre os séculos  XVI ao  XVIII. O patrimonio natural e cultural de España é outra opción ademais da que trata de psicoloxía e arte, expresando as emocións a través da pintura; a que está dedicada a cantar en inglés ou o curso de Terceira idade: calidade de vida e alternativas terapéuticas.

Os interesados teñen á súa disposición, ben no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ben no Centro Asociado á UNED en Ourense, e tamén nesta mesma web, os impresos para elixir materias. Mesmo se lles pide que propoñan algunha outra que sería do seu interese no caso de que se chegase a ofertar.

A UNED Senior en Ourense é unha opción de formación e convivencia de preto de duascentas persoas que lle dan vida e cuxas sesións docentes desenvólvense na segunda planta do Centro Cultural Marcos Valcárcel, no centro da capital, grazas á colaboración da  Deputación Provincial de Ourense, que tamén subvenciona unha parte importante da matrícula. A coordinación da UNED Senior lévaa a profesora titora da UNED, María Concepción Álvarez.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es