Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de protocolo diplomático en UNED Ourense

1 de junio de 2022

Varios expertos disertaran sobre o protocolo e cerimonial diplomático no Vaticano, na Santa Sede, en China, en Romanía, en Marrocos, España, así como sobre usos e costumes.

OURENSE, 1 de xuño de 2022. O Protocolo e o Cerimonial Diplomático son, á súa vez, unha disciplina e unha arte. Por unha banda, require o dominio das regras da precedencia e outras prácticas internacionais a fin que a conduta social dos axentes diplomáticos e os representantes dos Estados leven de maneira uniforme e previsible. Así se busca previr incidentes internacionais evitando malos entendidos que puidesen darse polas diferenzas existentes entre persoas de distintos países e culturas. Doutra banda, é unha arte porque require do funcionario de Protocolo sentido común e flexibilidade porque as regras deben ser aplicadas a circunstancias especiais e á personalidade dos dignatarios. Iso precisa criterio para explicar ao personaxe as regras e, polo outro, previr que estas sexan crebadas. Con tal motivo, a UNED presenta a sétima edición do curso Protocolo para os novos tempos, que nesta ocasión dedicarase ao protocolo diplomático e celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel, os días 17 e 18 de xuño, composto de 17 horas lectivas. Este curso será exclusivamente presencial. 

Programa

  •  Venres, 17 de xuño: Ás 09.00 e 09:00 a 09:30 h. Inauguración do curso coa participación de Roberto Ignacio Fernández López, doutor en Dereito e Coordinador de Extensión Universitaria en UNED Ourense, e Juan José Feijoo Sánchez, membro da Comisión Permanente da AEP. Ás 09.30 h Feijoo Sánchez, disertará sobre Protocolo e cerimonial diplomático. Tras el, ás 11.30 h. falará Luís Manuel García Mañá, académico correspondente da RAG. Comisario principal honorario. Fará unha Introdución histórica ao protocolo diplomático ibérico. Ao acabar, haberá un debate con ámbolos dous relatores. Pola tarde, de 16.00 a 18.00 h., intervirá Enrique Somavilla Rodríguez, doutor en Teoloxía, máster en Doutrina Social da Igrexa, mestrado en Protocolo e Relacións Institucionais, mestrado en Dereito da Unión Europea e doutor en Dereito. A súa conferencia titúlase: Protocolo e cerimonial da Igrexa e protocolo da Santa Sé: a dimensión diplomática e o protocolo (parte I). Este relator continuará protagonizando a tarde do venres xa que vai dar unha segunda conferencia, ás 18.00 horas, que será continuación da anterior: Protocolo e cerimonial da Igrexa e protocolo da Santa Sé: a dimensión diplomática e o protocolo (parte II). Enrique Somavilla ten unha obra monumental en catro volumes que recolle todo o protocolo e cerimonial vixente tanto na Santa Sé como no Estado da Cidade do Vaticano. Ao termo destes relatorios, comezará un coloquio con Somavilla e Feijoo. 
  • Sábado, 18 de xuño, de 09:00 a 11:00 h.: Protocolo como ponte entre culturas e sociedades. A necesidade do Protocolo Internacional hoxe, con Branca López Caballero, xornalista especializada en Protocolo e Relacións Institucionais e autora do libro A diplomacia e o seu Protocolo. O tema seguinte será o Protocolo e cerimonial militar: un caso moi particular, da man de Francisco José Dacoba Cerviño, director xeral do Instituto Español de Estudos Estratéxicos. A mañá rematará cun coloquio con estes relatores. Pola tarde, ás 16.00 horas, Rafael Vidal Gómez de Travesedo, ex Xefe de Protocolo da Deputación provincial da Coruña e presidente da Asociación de Técnicos en Protocolo e RRPP e Institucionais de Galicia, disertará sobre Usos e costumes. Tras el falará Ramón Peche Villaverde, presidente da Asociación Española de Protocolo, delegado de Protocolo e Relacións Institucionais no Concello de Aranxuez. O seu tema será Tradicións e costumes como base das relacións diplomáticas. Os casos do Reino de Marrocos, a República de Romanía e a República Popular China. Ás 18.30 horas haberá unha sesión de vídeos de cerimonias institucionais con Juan José Feijoo Sánchez. E ás 20.00 horas haberá un debate.

As prazas son limitadas a 30 e a matrícula ordinaria costa 40 euros, a matrícula especial para alumnos UNED e UNED Senior é de 25 euros. Alumnos da Uvigo e de ciclos de FP, 25 euros, achegando copia do carné ou da matrícula. Membros da AEP, da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia, Colexio de Xornalistas de Galicia e Colexio de Economistas de Ourense, a matrícula será de 30 euros. Todas as matrículas fanse en liña.

Este curso está dirixido por Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia e director de UNED Ourense, e coordinado por Juan José Feijoo Sánchez, membro comisión permanente da AEP. Está dirixido tanto a estudosos do cerimonial e do protocolo como aos profesionais relacionados coa materia e interesados en xeral.

Obxectivos

  •  O presente curso pretende ser unha introdución para todos aqueles interesados no tema.
  •  Coñecer o concepto de Cerimonial como un corpus de regras e prácticas que se observan para a preparación e condución dos actos oficiais do Estado e o Protocolo como unha serie de principios de regras.

Organiza a Asociación Española de Protocolo ( AEP). Colaboran: Foto Gamma Asociación Técnicos de Protocolo de Galicia Asociación Técnicos de Protocolo de Galicia Novo Cándido Hotel Oficode Impresión Dixital.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 

Esta actividade impacta no ODS número 16.

Matricúlate aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es