Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense pecha por vacacións desde o 30 de xullo ao 31 de agosto

29 de julio de 2025

A Dirección e todo o persoal desexanvos un feliz verán. A actividade voltará o 1 de setembro e os exames comezarán o martes, 2 ata o luns día 8.

OURENSE, 29 de xullo de 2025. UNED Ourense e a súa Aula de Extensión Universitaria en A Rúa, permanecerán pechadas desde o día 30 de xullo ata o 31 de agosto por descanso vacacional de todo o seu persoal. Durante todo este tempo continuará aberto o prazo de matriculación en graos e mestrados a través da páxina da nosa universidade.

A actividade normal de UNED Ourense será retomada o luns, día 1 de setembro, en horario de mañá e de tarde. Ao día seguinte, o 2 de setembro, comezará a semana de exames. Este ano irá desde o martes 2, ata o lunes 8 de setembro. Isto supón que haberá xornada normal de probas presenciais durante todo o sábado, día 6 de setembro, descansando o domingo, para retomar os exames o día seguinte, última xornada desta convocatoria.

A Dirección e todo o persoal de UNED Ourense desexanvos unhas felices vacacións de verán. E moito ánimo para facer un último esforzo a quen teña que examinarse en setembro. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es