Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense pecha por vacacións

30 de julio de 2026

As matrículas pódense seguir formalizando en liña e todos os estudantes recibirán toda a información oficial necesaria sobre as probas de setembro  a través do seu correo. 

OURENSE, 30 de xullo de 2026. As instalacións de UNED Ourense e a súa Aula Universitaria en Valdeorras permanecerán pechadas por vacacións desde o 31 de xullo ao 31 de agosto, ambos inclusive. Quen desexe matricularse nagúns dos máis de 31 graos ou en mestrados, microtítulos, dobres graos e graos combinados que oferta esta Universidade, poden facelo, coma sempre, mediante a web www.uned.es .

Desde o 1 de setembro, a atención ao público será en horario de mañá e tarde. A semana de exames irá desde o 2 ao 8 de setembro. 

Todos os estudantes matriculados na UNED que deban examinarse nas probas de setembro, recibirán todos os consellos e ligazóns que a Universidade lles envía ao seu correo. É recomendable utilizar ese correo modelo usuario@alumno.uned.es, pois do contrario, o risco de perder información oficial é alto.

A Dirección e o persoal de UNED Ourense desexámosvos un feliz e merecido descanso vacacional.

Podes seguirnos tamén nas nosas redes:

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es