
OURENSE, 27 de setembro de 2025. O vindeiro martes, día 30 de setembro, UNED Ourense celebrará unha xornada de Portas Abertas, ás 11:00 horas, no salón de actos do centro universitario, situado na Urbanización Torres do Pino, s/n, baixo. Esta convocatoria vai dirixida a todas aquelas persoas que queren estudar na UNED ou que xa sexan estudantes novos da nosa universidade, que se estrean en outubro.
Nesta xornada falarase das titorías, das titulacións así como das actividades de extensión universitaria e culturais. Mesmo poden acudir cidadáns interesados na UNED Senior para coñecer a súa oferta. Os asistentes serán recibidos polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e xunto a el, intervirán tamén a secretaria, María Concepción Álvarez Gómez, profesora titora; Jesús Alberto Carballo Bouzas, responsable do Centro de Orientación, Información e Emprego, (COIE), e Luis Gulín Iglesias, membro do PTGAS do centro asociado ourensán.
Nesta sesión os asistentes poderán formular todas as súas dúbidas acerca dos estudos na UNED, incluídas as burocráticas, é dicir, validacións, traslados de expediente, acceso á universidade, créditos etc. Unha vez que termine a sesión no salón, todos os asistentes poderán coñecer as instalacións do centro universitario da man do seu director.
A Xornada de Portas Abertas encádrase dentro das actividades do Plan de Acollida e Acompañamento. Tanto se estás interesado en coñecernos ou en cursar estudos connosco, aprovéitache desta oportunidade para informarche e resolver as túas dúbidas.
A actividade está aberta ao público en xeral e poderá seguirse tanto presencialmente como en liña. Para esto último é necesario inscribirse previamente. A inscrición é completamente GRATUÍTA e pódese facer picando nesta ligazón.

UNED Ourense
Comunicación