Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

TRIBUNA

23 de junio de 2022

Unha nova etapa de desenvolvemento: a UNED*

A pesares de que as siglas da UNED correspondan á Universidade Nacional de Educación a Distancia, ben poderían responder ao título proposto para este artigo. E non vou falar da miña experiencia na Faculdade de Ciencias nesta Universidade, pero pretendo animar a todos aqueles que aínda teñan dúbidas de entrar na vida universitaria.

Para o alumnado que estudou na UNED, falar desta Universidade supón un reto importante, pois foi unha nova etapa de desenvolvemento persoal. Descubrir que nunca é tarde para aprender e que o poden facer a distancia, nun tempo de lecer, é algo que merece a pena experimentar. A UNED ten moitas cualidades intrínsecas que poucas veces se poñen en valor. A súa filosofía de aprender a aprender, a investigar e a interpretar a vasta información á que temos acceso, é unha constante en todos os grados ofertados a traves das Faculdades que posúe. Por outra parte a UNED é disciplina de traballo e esforzo persoal. A súa dinámica e simple e complexa ao mesmo tempo; pero en calquera caso, atende ás necesidades do alumno. As titorías de apoio son un soporte fundamental para avanzar no estudo, e a cercanía que existe co alumnado fai que o proceso de aprendizaxe sexá óptimo. Por outra parte, a titulación da UNED ten un valor engadido en si mesma, dado o alto grado de esixencia que hai nas etapas de avaliación. Esta Universidade logrou que os exámenes sexan un recurso máis para aprender, integrando antigos exámenes nas unidades didácticas e nos cadernos de autoavaliación.

Finalmente non podemos esquecer o traballo dos Centros Asociados, que son punto de encontro entre estudantes. Os libros guía das asignaturas e a bibliografía recomendada evita moitas horas perdidas na Universidade presencial, na que había que tomar apontamentos sobre definicións básicas que aparecían en calquer texto con rigor. A UNED é unha oportunidade para todos os que queiran combinar o traballo e os estudos universitarios. Quizáis sexa hoxe, a única opción que existe de facer as dúas cousas ao mesmo tempo, e a mellor decisión que calquera poida tomar. Porque nunca acabaremos de aprender, se queremos disfrutar dunha vida que está chea de incógnitas, aínda por descifrar.

A UNED está chea de persoas sen complexos que, con valentía, se achegan á vida Universitaria. Ti tamén podes ser un deles!

*José Luis Fernández Carnicero é Licenciado en CC. Matemáticas pola UNED

UNED Ourense  

Comunicación                                                                                         

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es