Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Novo grao en Filosofía, Política e Economía para afrontar os desafíos globais

28 de julio de 2026

A UNED incorpora á súa oferta académica o Grao en Filosofía, Política e Economía, unha titulación interdisciplinar que prepara aos estudantes para analizar algúns dos grandes retos do século XXI, como a desigualdade, a crise climática ou a transformación dixital.

OURENSE, 28 de xullo de 2026. Con 240 créditos ECTS, o programa combina a formación en filosofía, ciencia política e economía para ofrecer unha visión integral dos problemas contemporáneos e dos debates que marcan a axenda pública.

Cara aos enfoques tradicionais centrados nunha soa disciplina, o programa integra de maneira equilibrada a filosofía, a ciencia política e a economía, permitindo aos estudantes analizar cuestións como a desigualdade, a crise climática, o pulo dos populismos ou a transformación dixital desde perspectivas complementarias e desenvolver propostas fundamentadas. O plan de estudos inclúe, tamén aportacións de Dereito e Filoloxía, que marcan o seu carácter transversal e amplían o estudo á análise das normas, a linguaxe e comunicación política.

A titulación ofrece unha formación sólida nos tres ámbitos xunto cunha ampla oferta de optativas, de modo que cada alumno poda configurar progresivamente o seu itinerario académico en función dos seus intereses, desde a teoría política e a filosofía práctica ata a economía internacional ou as políticas públicas. O deseño resposta á crecente necesidade de perfís capaces de interpretar fenómenos complexos en contextos interconectados, tanto en institucións públicas como en organizacións sociais, empresas ou medios de comunicación.

A formación incorpora un compromiso explícito cos valores democráticos, o pensamento crítico e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, co gallo de formar profesionais preparados para analizar as transformacións sociais e contribuir á procura de solucións desde unha perspectiva ética e rigurosa. Do mesmo xeito, a titulación prepara ao estudante para participar no deseño e avaliación de políticas públicas, reflexionar sobre a xustiza social e analizar a pegada económica das decisións políticas.

Intensa colaboración entre facultades

A vicedecana de Ordenación Académica da Facultade de Filosofía da UNED, Sonia Ester Rodríguez, salienta que este grao nace “dunha iniciativa que se inscribe no Plan plurianual para a ampliación da oferta de titulacións universitarias de alta demanda e de elevado valor estratéxico da UNED. A súa posta en servizo é froito dun intenso traballo de colaboración entre as Facultades de Filosofía, Ciencias Políticas e Socioloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito e Filoloxía, que uniron a súa experiencia para deseñar unha titulación innovadora, rigorosa e plenamente adaptada ás  necesidades formativas actuais”.

Perfiles diversos

O equipo impulsor do grao fai fincapé en que esta nova titulación da resposta á necesidade de ampliar o acceso a estudos interdisciplinarios no sistema universitario español, ata agora cunha oferta limitada, e aspira a converterse nun referente na formación de profesionais que sexan quen de integrar a análise filosófica, política e económica. O modelo de ensino semipresencial da UNED permitirá que este tipo de formación chegue a estudantes con perfís moi diversos e que non sempre poden cursar este tipo de estudos en universidades presenciais.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es