Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Terrorismo e política de Defensa na Transición, a estudo nas Xornadas de Historia de UNED e Uvigo

17 de febrero de 2023

Do 6 ao 10 de marzo varios relatores exporán en liña e desde unha perspectiva académica o terrorismo de extrema esquerda, o de ETA e o  etnonacionalista

OURENSE, 17 de febreiro de 2023. A UNED e a Uvigo poñen en marcha, un ano máis, as ben consolidadas Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas polo grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da Facultade de Historia de Ourense e a UNED, que gozan dunha longa tradición dentro do panorama historiográfico galego. Nesta edición propoñen un achegamento a diversos aspectos da política de Defensa na transición á democracia e á problemática do terrorismo.

Do 6 ao 10 de marzo de 2023 celebraranse as sesións, que consisten en 20 horas lectivas que dan dereito a obter 1 crédito ECTS. A asistencia será en liña en diferido. PROGRAMA

luns, 6 de marzo

  • 16:15-16:30 h. Inauguración das xornadas con Julio Prada Rodríguez, doutor e profesor Titular de Historia Contemporánea na Uvigo e Profesor-Titor de UNED de Ourense, e con Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense e doutor en Historia Contemporánea.

  • 16:30-18:00 h. A política de Defensa na longa transición militar e cara a transformación do Orde Internacional. Con Carlos Alberto Bueno Fernández, profesor de Ciencia Política e da Administración. Universidade de Granada.
  • 18:00-19:30 h. A boca dos fusiles. O terrorismo de extrema esquerda contra a Transición. A esa hora intervirá Víctor Aparicio Rodríguez, doutor en Historia Contemporánea , Instituto Valentín de Foronda-Universidad do País Vasco.
martes, 7 de marzo

  • 16:30-18:00 h. O terrorismo de ETA durante a TransiciónDeste tema falará Gaizka Fernández Soldevilla, licenciado en Historia pola Universidade de Deusto  e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade do País Vasco. Responsable da área de Arquivo, Investigación e Documentación do Centro para a Memoria das Vítimas do Terrorismo.
  • 18:00-19:30 h. Terrorismo e violencia etnonacionalistas durante a Transicióncon Pablo García Varela, contratado posdoutoral. Universidade do País Vasco-Universidade de Vigo
mércores, 8 de marzo, xoves 9 de marzo e venres 10 de marzo,

  • 16.00 a 21.00 horas, actividades de formación docente en liña: Terrorismo e didáctica da Historia, co profesor Julio Prada Rodríguez.

O Comité Científico de estas xornadas está composto por: 

Jesús De Juana López, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Uvigo.

José Antonio Díaz Fernández, profesor Axudante Doutor

Luis Domínguez Castro, profesor Titular de Historia Contemporánea da Uvigo. 

José Ramón Rodríguez Lago, profesor Titular de Historia Contemporánea da Uvigo. 

Esta actividade entronca cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 4 e 16. Organiza a UNED e colabora a Uvigo.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es