Mapa web
Youtube
Campus UNED

"Tede a rebeldía de buscar a verdade"

31 de enero de 2024

O director de UNED Ourense animou a máis de 160 estudantes de Bachalerato de Trives, A Rúa e O Barco a dar o mejor de si cando se convirtan en universitarios, explicoulles como se estuda na UNED e as vantaxes que isto ten e advertiulles para que se formen ben e loiten contra a cultura da cancelación, contra o discurso políticamente correcto e contra a falsedad tan rampante na nosa sociedade. 

OURENSE, 31 de xaneiro de 2024. Más de 160 estudantes de Bacharelato nos institutos da Rúa, O Barco e a Pobra de Trives recibiron a visita do director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, quen lles falou da nova situación que vivirán o curso que vén cando cheguen á Universidade. "Tedes que concienciarvos de que o que ides vivir é o deseño do que queredes ser na vida, o que queredes estudar para convertervos en profesionais ben formados. Como podedes deducir, isto non é unha broma", díxolles, palabras caras que todos prestaron atención en todas as sesións celebradas, que foron catro: a primeira, ás 08:30 horas do luns, 29 de xaneiro na vila trivesa; a segunda, ás 13:20 horas do martes, 30 na Rúa e a terceira e cuarta tiveron lugar no dous IES do Barco, ás 10:30 horas e 12:30 horas do mércores 31 de xaneiro. García Díaz faloulles con decisión para facerlles ver que na etapa universitaria acabaráselles a zona de confort e que eles, os estudantes, serán responsables por completo do seu traballo. Chamoulles moito a atención saber que na UNED non hai notas de corte: "Basta con aprobar a ABAU e xa podes matricularvos en calquera dos 30 graos que vos ofrece a UNED. E se alguén no canto de ir á Universidade vai a FP, poderá saltar á vida universitaria tras facer un ciclo superior; ou simplemente se algún de vós exponse deixar de estudar, só vos pido que non deixedes de presentarvos á ABAU e superala, para que vos quede para toda a vida asegurado o acceso á Universidade".

Os estudantes do IES Germán Ancochea de Trives iniciaron o luns coa presenza de Jesús Manuel García Díaz animándolles a ser futuros universitarios ben formados, constantes e honestos. 

O modo de falar do director de UNED Ourense mantivo o interese de todos eses mozos aos que explicou como se estuda nesta Universidade, como se fai a matrícula, como se preparan os temas e como se solicita a bibliografía que no caso do oriente ourensán pídese na biblioteca do centro asociado na capital e sérvense na Aula de Extensión da Rúa. "Na UNED nunca ides estar sós, por moito que estudedes na vosa casa, sexa no Barco, en Soulecín, en Portela de Vilamartín, en Manzaneda ou en Chandrexa, por poñer algúns exemplos. Estaredes nunha Universidade moi esixente, e por tanto prestixiosa, porque desa esixencia alta sairedes cunha boa formación e unha auto organización excelente, o que é un aliciente para moitas empresas á hora de elixir a un empregado universitario. Ou para opositar".

No IES Cosme López da Rúa houbo varias preguntas e non menos interese en coñecer como hai que moverse na Universidade. 

García Díaz insistiu nas catro sesións en que hai que escribir ben, sen repetir palabras, ler dabondo e comprender o que se le, e ir adquirindo a linguaxe propia daquilo que se estuda, para falar con propiedade e desprenderse da linguaxe coloquial que ha de quedar para o espazo que lle é propio. Tamén lles advertiu do perigo de fiar o estudo a vídeos ou a portais dixitais ou a youtubers. Insistiu en que vivimos unha época na que estamos sumidos nun mar de mentiras, falsidades. "Tede a rebeldía de buscar a verdade", díxolles, "de non fiarvos do que o sistema vos diga, sexa político ou económico. Falade, preguntade e pensade, xusto o que non quere que fagamos esta desastrosa cultura da cancelación. Formádevos para ter argumentos cos que rebater a quen opina de todo e cren que só eles teñen a verdade, a súa verdade, aínda que sexa falsa. Formádevos e mostrádevos firmes cara o aumento das restricións á liberdade de expresión, desas presións para impoñer a conformidade ideolóxica e da imposición do discurso politicamente correcto. Non vos permitades ser ovellas, rabaño porque xa sabedes que ao rabaño calquera pastor válelle. Rebelémonos co estudo contra todo isto, contra as novas verdades apoiadas en invencións, en feitos non reais senón de creación propia". O director de UNED Ourense leulles algo de Fernando Bonete Vizcaíno para engadir que a posverdade o que fai é dar novos significados á realidade, á verdade de modo que a posverdade permite desacreditar calquera argumento lícito e sólido de debate, facendo que perda a oportunidade de ser discutido. Todo isto que vos pode parecer baladí, é de suma importancia porque pon en xaque nada menos que á democracia".

Os mozos e mozas do IES Loureiro Olmo do Barco prestaron a súa atención a todo canto o relator díxolles para concienciarse da futura etapa que vivirán o ano que vén.

Os bachareis seguían con atención como o relator lles falaba con convicción, á vez que despois insistía en que "sodes novos, tedes que ser alegres, creativos, honestos, constantes, de mente aberta para abrirvos á alegría de adquirir coñecemento, de ser respectuosos coas ideas dos outros ou coas diferenzas dos demais". Todos os estudantes coñeceron os 30 graos que lles ofrece a UNED. Unha moza preguntou polas prácticas en carreiras como Criminoloxía, ao que o director de UNED Ourense díxolle que están establecidos numerosos convenios con institucións e empresas para que os estudantes, tanto de Criminoloxía como do resto de graos, poidan realizar as súas prácticas. Outro mozo preguntaba se pode estudar na UNED á vez que fai deporte. Outra quería saber cantas convocatorias teñen as materias dos graos. Na UNED cada materia ten seis convocatorias, que contan cando te presentas no mes de setembro e suspendes. Non contan as convocatorias de xaneiro-febreiro nin as de maio-xuño.

E no IES Martaguisela da vila barquense os estudantes tamén escoitaron o discurso firme e modulado do director de UNED Ourense, valdeorrés como eles, que lles pediu destacar en todo o que fagan. 

Nun dos institutos do Barco os rapaces levaban consigo as follas de apuntamentos para un exame posterior, coma se quixesen repasar en plena sesión informativa, pero ninguén o fixo. Estaban todos atendendo ao relator porque o que lles estaba dicindo afectáballes ou afectará directamente a cada un. Pediulles desenvolver a capacidade de concentración, que estudar un grao non é facelo en sesións de dous minutos como cando usan os medios dixitais. "Prepararnos para ser avogado, enxeñeiro, científico, etc. leva tempo e non hai atallos. Do mesmo xeito que o albanel utiliza ladrillos, paletas, e cemento, e os mecánicos parafusos, chaves inglesas, nós empregamos libros, documentos... son as nosas ferramentas de traballo. Non vos angustiedes co que vos espera senón facede que estudar, adquirir coñecemento, resúltevos agradable, investigar para coñecer algo, porque vos ides preparar para aquela profesión que vos gusta e énchevos. Sede constantes no voso traballo. E por suposto que podedes equivocarvos, aínda sodes novos, cando iniciedes un grao e queirades deixalo por outro". Outro mozo preguntaba se pode matricularse na UNED e ao ano seguinte irse a outra universidade. O director díxolle que pode facelo a condición de que teña cursados 30 créditos de formación básica na UNED. 

Foron catro visitas e charlas "marabillosas, porque avivas aos mozos, provócalos e préstanche atención, seguro que a mensaxe cuallou en varios deles e aquí estamos, abertos a seguir falando con eles cando o soliciten. Porque hai que falarlles con seguridade, explicarlles as cousas como son sen deixar de animalos, e darlles pautas que lles farán ben se as adquiren", explicou García Díaz. No Barco tras a sesión, un grupo de mozos aínda seguiu conversando co director uns minutos, nos que lle fixeron algunha consulta e este volveu animalos para terminar ben o Bacharelato e a EBAU e para brillar na súa futura traxectoria académica superior. 

A próxima visita prevista a un IES será ao de Viana do Bolo, o día 16 de febreiro. Con esa sesión rematará o percorrido polos institutos do oriente provincial, seguindo o roteiro por outras comarcas onde sexan solicitadas estas visitas que xa son un clásico de UNED Ourense, con este achegamento aos mozos.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es