Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ricardo Mairal gaña as eleccións da UNED en primeira volta

16 de noviembre de 2022

Co 62,6 por cento dos votos, Ricardo Mairal foi declarado provisionalmente candidato eleito a reitor.

OURENSE, 16 de novembro de 2022. Hoxe coñecéronse os resultados definitivos das primeiras eleccións a Reitor por sufraxio universal da UNED, tal e como propón a LOU. Nelas participaron todos os Centros Asociados, tanto do territorio español como de América, África e Europa. Un total de 170.818 persoas, entre docentes, estudantes e persoal de administración e servizos, emitiu o seu voto para elexir ao reitor que conducirá a UNED durante os vindeiros catro anos, nun momento no que o mundo universitario está pasando por diversos procesos, algúns tan importantes e complexos como a Lei Orgánica do sistema universitario, que será algún dos asuntos aos que terá que enfrentarse o nuevo reitor.

Proclamación provisional do candidato eleito

Á vista dos resultados do escrutinio xeral e ao ter obtido máis do cincuenta por cento dos votos ponderados a candidaturas válidamente emitidos, de conformidade co  artigo 62.1 do Reglamento Eleitoral Xeral da Xunta Eleitoral Central, por unanimidade, procede a proclamar provisionalmente a D. Ricardo Mairal Usón como candidato eleito.

O prazo de presentación de reclamacións contra a proclamación provisional do candidato eleito: 17 e 18 de novembro.

Data de proclamación definitiva do Reitor: 22 de novembro.

 Ricardo Mairal, con membros do seu equipo, observa con atención o escrutinio dos votos emitidos. 

 O reitor eleito saúda á súa contrincante na loita eleitoral, Esther Souto Galván.

Ricardo Mairal saudou aos membros da mesa que deron a coñecer os resultados tra-lo escrutinio.

Porcentaxe de participación por candidaturas

Ricardo Mairal obtivo o 62,69% dos votos ponderados a candidaturas válidamente emitidos, seguido de Esther Souto cun 37'30%.

Datos de participación por sectores

    

Resultados provisionais das eleccións a Reitor 2022

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es