OURENSE, 18 de xaneiro de 2023. O primeiro período de exames na UNED comeza o próximo luns, 23 de xaneiro de 2023. Si te matriculache por primeira vez na nosa universidade e non participache previamente nestas probas presenciais, é posible é posible que che xurdan dúbidas. Por iso dámosche algunhas claves para que afrontes os exames coa máxima seguridade e confianza, evitando contratempos de última hora. De todos modos, dispós de máis información detallada sobre como examinarte na UNED, tanto de Grao como de Mestrado Universitario, na seguinte ligazón.
1. O estudantado do Centro Asociado UNED Ourense debe realizar os exames na sede principal de Ourense.
Na Aula UNED de A Rúa non se realizan exames. O Centro Asociado UNED Ourense localízase na Urbanización Torres do Pino, s/n, baixo, 32001, Ourense.
Se desexas examinarte noutro Centro Asociado dea UNED, distinto ao que estás matriculado/a, debes solicitarlo por escrito, á atención do director do Centro Asociado onde queres examinarte, xunto a unha fotocopia do resguardo de matrícula. Nesta páxina de información xeral sobre como examinarte de un Grao na UNED, dentro do apartado ¿Onde podo examinarme?, tamén verás explicado este trámite, que debe realizarse alomenos 15 días antes da convocatoria de exames.
2. Programaranse dúas semanas, en xaneiro e febreiro, para realizar os exames das materias do primeiro cuadrimestre.
A primeira semana de probas presenciais terá lugar do 23 ao 27 de xaneiro de 2023. A segunda semana, do 6 ao 10 de febreiro de 2023. Entre elas hai unha semana intermedia sen exames e sen titorías.
3. Debes escoller unha única data para realizar o exame de cada materia.
Nas convocatorias ordinarias de exames (xaneiro-febreiro e maio-xuño) tes a disposición dúas datas para realizar a proba de cada materia, unha na primeira semana e outra na segunda semana. Non está permitido examinarte de unha mesma materia nas dúas semanas.
4. Cada xornada de exames está organizada en catro sesións.
Programanse probas presenciais en quendas de mañá (ás 9:00h e ás 11:30h) e de tarde (ás 16:00h e ás 18:30h).
5. Cada exame ten unha quenda diferente en cada semana (mañá ou tarde) para axudarte a conciliar os teus estudos coa túa vida persoal laboral.
Consulta o calendario de exames para coñecer que quenda se axeita mellor ás túas necesidades.
6. Non esquezas o carné de estudante deste curso académico 2022/2023 e o documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte).
Debes identificarte ante o tribunal con estes documentos, de modo que se non os traes contigo o día do exame non poderás acceder ao mesmo. Se non dispós do carné de estudante, contacta co Centro Asociado.
7. Chega a cada quenda de exames con, alomenos 15 minutos de antelación.
Desta maneira, poderás acceder á aula de exames sen presas innecesarias e dispoñer do tempo máximo dado a cada proba. Na páxina principal do teu exame, xunto as teus datos, indícase a hora de inicio e de remate da proba.
8. Se chegas algo tarde, podes entrar ata 30 minutos despois do comezo de cada quenda.
Nembargantes ten en conta que este retraso poderase restar do tempo dispoñible para realizar o proba se esta é de longa duración.
9. Non se poderá abandonar a aula ata pasados 30 minutos do comezo de cada quenda.
10. Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que todo está correcto.
Tómate uns minutos para ler os enunciados e as instruccións que o equipo docente inclúe en cada exame.
Máis información
Síguenos nas redes
UNED Ourense
Comunicación