Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED agradece a colaboración dos seus alumnos na proba de carga reallizada onte

17 de abril de 2020

Este ensaio permitirá axustar o sistema de exames ás súas necesidades, e antes de que se celebre a convocatoria de xuño facilitarase de novo o acceso á aplicación  para que todos se familiaricen con ela

OURENSE, 17 de abril de 2020.-Grazas á vosa colaboración recibimos milleiros de respostas que nos van permitir adaptar o sistema de #ExámenesUNED en liña ás vosas necesidades. Proximamente abriremos de novo a aplicación para que todos poidades familiarizarvos con ela. A asistencia masiva de participantes provocou que, nalgúns momentos, se producise a caída do sistema. Este era un dos obxectivos da proba de carga que, aínda así, non impediu que moitos de vós puidésedes realizala. Lamentamos as molestias ocasionadas a cantos non puidestes acceder e agradecémosvos de novo a colaboración. A proba de carga será de gran utilidade para a universidade e garantiravos un sistema eficaz de avaliación na próxima convocatoria de xuño. Atendendo ás vosas peticións e agradecendo a vosa colaboración, mantivemos aberta a aplicación ata as 20:00 h. (horario peninsular) de onte, xoves. O acceso fíxose de 1.000 en 1.000 usuarios. Igualmente, antes dos exames facilitarase de novo o acceso para que poidades probala.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es