Mapa web
Youtube
Campus UNED

Plan de Apoio ao Estudante

19 de mayo de 2020

O Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento da UNED pon en marcha o Plan de Apoio ao Estudante co gallo de axudar aos estudantes a superar o curso na súa recta final e dentro das circunstancias excepcionais derivadas da alerta sanitaria por COVID-19.

OURENSE, 19 de maio de 2020.- O Plan de Apoio ao Estudante posto en marcha polo Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento da Universidade Nacional de Educación a Distancia recolle unha serie de recursos organizados en catro bloques: InformándonosPlanificándonosEvaluándonos e Cuidándonos. O obxectivo é axudar aos estudantes UNED a localizar toda a información relativa ao sistema de evaluación, e tamén lles proporcionar técnicas de estudo e preparación de exames. Nesta páxina web, tamén se poderá atopar ferramentas para o control da ansiedade e o estrés cara á realización dos exames e, en xeral consellos para o cuidado psicolóxico, mental e físico.

Sonia Cubillo

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es