Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense habilita na súa web unha ligazón ao novo sitio da Oficina de Prácticas da Universidade

10 de enero de 2020

A iniciativa pretende un seguemento máis próximo á actividade da Oficina e promove a colaboración mutua no eido das prácticas

OURENSE, 10 de xaneiro de 2020.- A Universidade Nacional de Educación a Distancia habilitou unha páxina web para a promoción da súa Oficina de Prácticas,  á que pode accederse desde esta páxina de Uned Ourense, picando no destacado correspondente situado á dereita deste sitio web. 

Os contidos actualmente están centrados en dar información ao estudante e ao docente, e iranse ampliando no futuro.

Así mesmo, desde a Oficina de Prácticas preténdese iniciar o que no futuro será un boletín de actividades de publicación periódica coas noticias e novidades das Prácticas. Como primeiro paso creáronse cartafoles en  linea, a compartir cos centros interesados, coa seguinte información: Novidades, Noticias, Convocatorias e Xornadas; Convenios asinados ao longo do curso académico, Proxectos da Oficina, Caixa de correos de suxerencias, propostas, etc.

Cremos que é unha información útil que posibilita un seguimento máis próximo da actividade da Oficina, e que permitirá ter un maior contacto, e promover a colaboración mutua no ámbito das Prácticas. A ligazón xeral é: https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios/oficina-practicas.html. 

Desde a Dirección do Centro Asociado á UNED en Ourense celébrase a posta en marcha desta web polo que de axuda importante suporá para todos os estudantes desta Universidade. Por iso o director quixo que na web do Centro Asociado figure a ligazón directa. Lembramos que desde www.unedourense.es pódese acceder á web xeral da UNED así como á da Oficina de Prácticas.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es