Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¿Precisas acreditar o teu nivel de idiomas? Abrimos matrícula

9 de marzo de 2023

O prazo de matriculación para a Proba Libre de Idiomas UNED comenza mañá, 10 de marzo, e continuará ata o día 31. Tamén podes matricularte nos Exames Trinity College London desde onte e ata o día 21 de marzo.

OURENSE, 9 de marzo de 2023. A Proba Libre de Idiomas UNED: serve para acreditar o teu nivel de idiomas sen a necesidade de facer un curso completo. Tes á túa disposición unha extensa oferta de idiomas e niveis  .Consiste en 4 probas que se desenvolven nunha única convocatoria (maio-xuño), polo que non se conservan notas parciais.

A proba oral realízase onde ti queiras coa aplicación E-Oral. A partires dos 16 anos podes acreditarte coa Proba libre de Idiomas UNED sen necesidade de ter titulación académica algunha.

 

Trinity College London:

  • Os certificados de Trinity College London son unha titulación oficial internacionalmente recoñecida que acredita o teu nivel B1, B2, C1, en ligua inglesa.
  • As probas escritas faranse nunha sola convocatoria o 3 de maio de 2023, as oralis estableceranse en cada Centro UNED.

  • As probas realizaranse nos seguintes Centros UNED: Lisboa, Albacete, Almería, Barbastro, Baza, Bergara, Bizkaia, Cádiz, Calatayud, Campo de Gibraltar-Algeciras, Cervera, Cuidad Real, Denia, Elche, Gran Canaria, Guadalajara, Huelva, La Rioja, Lanzarote, Lugo, Madrid-Las Tablas, Melilla, Palma de Mallorca, Pamplona, Plasencia, Ponferrada, Pontevedra, Segovia, Sevilla, Soria, Tenerife, Tortosa, Valencia, Vitoria-Gasteiz, Zamora.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es