Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mellora a túa formación en idiomas coa UNED

5 de septiembre de 2022

Desde hoxe a ata o 21 de outubro ábrese a matrícula no CUID que ofrece 16 linguas en modalidade en liña ou semipresencial.

OURENSE, 5 de setembro de 2022. O Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED (CUID) abre desde hoxe e ata o 21 de outubro o prazo de matriculación para os seus 16 idiomas en modalidade en liña ou semipresencial. Segundo o idioma elexido, pódense cursar ata 6 niveis do Marco Común Europeo de Referenza para as Linguas (MCER).

Os cursos de idiomas da UNED están deseñados para traballar en cada nivel, ademáis das catro competencias comunicativas (gramatical, sociolingüística, discursiva e estratéxica), a compresión e expresión, tanto oral como escrita. Entre a súa ampla oferta, pódese elexir desde os idiomas cooficialis de España, pasando polas linguas europeas ata aquelas tan demandadas como o Chinés, o Árabe ou a lingua de signos española. Os cursos están dirixidos a toda persoa de nacionalidade española ou estranxeira a partires dos 16 anos, sen necesidade de poseer titulación académica.

Para os estudantes que desexen continuar a súa formación en idiomas e non están seguros do nivel ao que se deba matricular, existe a posibilidade de realizar unha proba de nivel gratuita, que permite coñecer o seu nivel de competencia antes dmatriculación. Os cursos teñen diferente tarifa en función de si se trata da modalidade semipresencial (330€) ou da modalidad en liña (248€), ámbalas dúas tarifas dispoñen de descontos aplicables a familias numerosas. Tamén a UNED dispón para os seus cursos de idiomas de unha tarifa reducida da que gozan estudantes e antigos estudantes, para que podan completar a súa formación e mellorar a súa empregabilidade. 

Os cursos, independentemente da súa modalidade, duran de novembro a maio e contemplan 150 horas lectivas. Os estudantes do Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED reciben unha titorización levada a cabo por un equipo formado por Coordinadores, Profesores Titores dos centros UNED, Titores en liña e Titores de Apoio Virtual, segundo a modalidade, o que garante a adquisición das mesmas competencias a todos os nosos estudantes.

Unha vez superadas as catro destrezas avaliables, o estudante recibe un certificado gratuito que acredita o nivel de idioma adquirido. Este certificado é un título propio, i  é aceptado en tódalas titulacións da UNED que requiran certificación de idiomas. Deste xeito facilítase o acceso da acreditación aos estudantes das diferentes formacións que o requiran para continuar os estudos.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es