Mapa web
Youtube
Campus UNED

Máis de 30 millóns de usuarios e aumento do 350% de formación online na rede de aulas AVIP

2 de junio de 2020

A plataforma INTECCA da UNED, que permite asistir en directo ou diferido ás clases, conferencias e eventos online emitidos desde a rede de aulas AVIP de todas as comunidades autónomas do país, superou os 30 millóns de usuarios, aumentando nun 350% durante o confinamento sanitario por mor da COVID-19.

OURENSE, 2 de xuño de 2020.- Nas semanas de confinamento rexistráronse unha media de 260.000 conexións semanais e nas titorías da tarde, entre as 18.00 e 20.00 horas batéronse récords de acceso, con 3.500 usuarios conectados cada instante. Estas cifras demostran, para o director de INTECCA, Jorge Vega, a capacidade tecnolóxica da UNED, a calidade da súa oferta en liña, e a aceptación por parte de profesores e estudantes da combinación de formación online e semipresencial que imparte esta universidade. A Plataforma AVIP da UNED é unha rede de aulas acondicionadas tecnoloxicamente para a emisión e recepción de contidos multimedia on e off line, que permite acceder en directo e diferido, a través de webconferencias e videoconferencias a clases, eventos e materiais multimedia da UNED. Conta con numerosas salas en todo o territorio español, ademais de en os centros internacionais europeos de Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Italia e Suíza. AVIP rexistrou 30.217.435 usuarios desde a súa implantación, en 2009, paralelamente á entrada en vigor do Espazo Europeo de Educación Superior. Un total de 263.452 vídeos foron gravados por 9.597 profesores, titores e expertos profesionais e postos ao dispor das e os estudantes, cifras que ratifican a súa gran implantación e aceptación como sistema de formación superior en liña. Durante o período de illamento sanitario obrigado por mor da COVID-19, entre o 14 de marzo e o 22 de maio, cando a maioría de comunidades autónomas pasaron á fase 0 ou 1 de desconfinamiento, coincidindo co fin do calendario de titorías nos centros asociados, o número de usuarios incrementouse nun 350%. Semanalmente rexistráronse unha media de 260.000 usuarios, preferentemente de emisións en directo, de luns a venres, entre as 14.00 e as 20.00 horas, aínda que tamén se accedía, en menor medida, aos contidos en diferido, accesibles durante as 24 horas. A progresión no número de visitas confirma o interese do estudante polos materiais e a importancia do esforzo que o persoal docente, os profesores-titores e os propios Centros realizan para poñelos á súa disposición.

Record en acceso, record en esforzo

O director de INTECCA, que ten a súa sede no centro da UNED en Ponferrada, Jorge Vega, subliña con orgullo, “o esforzo realizado e o nivel técnico e humán demostrado por un equipo que conseguiu xestionar un despregue tecnolóxico nun tempo record, en poucos días, case en poucas horas. Non é fácil respostar ao reto que supuxo pasar dunhas prestacións ao 100% a ese 350% . Fumos capaces de optimizar os nosos recursos para atender a demanda de ata 3.500 usuarios nun instante, picos que se repetían entre as 6 e as 8 do serán”.

O equipo humán contou tamén coa colaboración do Centro de Supercomputación de Castilla y León, que facilitou redimensionar a capacidade do proxecto. " En canto os chamamos para solicitar a súa claboración", recorda Vega, "puxeron ao noso dispor a impresionante uinfraestrutura do centro. Deixaron que o noso software se executara no seu hardware, o que nos permitiu manter a un altísimo nivel as nosas prestacións para todos os estudantes. A práctica tivo semellante éxito que tamén nos apoiarán na realización dos vindeiros exames online coa aplicación AVeX i estamos xestionando unha colaboración máis estreita i extendida no tempo. XDeste INTECCA seguimos traballando para que a Plataforma AVID sexa unha ferramenta útil para a comunidade universitaria.

INTECCA en cifras

  • Nº USUARIOS DE LA RED SOCIAL AVIP - 374.410
  • Nº DE VISITAS A REPOSITORIOS DE VIDEO - 30.217.435
  • PROFESORES DISTINTOS QUE GRABAN - 9.597
  • TOTAL AULAS AVIP INSTALADAS - 788
  • (1-5) VALORACIÓN HERRAMIENTA AVIP - 4,09
  • Nº USUARIOS INTECCA FACEBOOK-TWITER - 23.248
  • Nº TOTAL VIDEOS EN REPOSITORIO AVIP - 263.452
  • Nº TOTAL DE VIDEOS EN ABIERTO - 11.116
  • Nº TOTAL PERSONAS FORMADAS - 8.287
  • (1-5) VALORACIÓN CONFERENCIA ONLINE - 4,23

Máis información

Aida Fernández

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es