Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Salientan o papel da UNED na formación olivícola en Galicia

5 de mayo de 2023

O enxeñeiro Antón Alonso asegura que no Campus Noroeste se proporciona "un proceso formativo que o teñen que levar a cabo institucións de ganado prestixio como a UNED", universidade que celebrou varios cursos específicos para o sector nas sedes de Lugo, Ponferrada e Ourense desde o ano 2013.

OURENSE, 5 de maio de 2023. Antón Alonso Suárez, enxeñeiro técnico eléctrico, licenciado en Informática por Deusto, xornalista e editor de Vinos y Caminos, interveu na Aula de UNED Ourense en A Rúa para clausurar o curso de introdución á olivicultura no que salientou o importante papel que desempeña a UNED a través do seu Campus Noroeste, na formación neste eido. "Productores, comercializadores, clientes e outros actores deste mercado da olivicultura necesitan de uns estándares obxectivos, nen exclusivos nen escluíntes para a avaliación do aceite. Esto só se logra cun proceso formativo que o teñen que levar a cabo institucións de ganado prestixio como a UNED".

A UNED, polo seu Campus Noroeste, “desenvolveu e desenvolve un labor formativo neste campo para poñer a disposición do sector protocolos sensoriais que permiten tipificar e diagnosticar organolépticamente os aceites e a súa etioloxía ou causa, o que lle permitirá enmendar erros e soster acertos. Nesta liña e  desde fai máis dunha década, desde os Centros asociados de Ponferrada, Ourense e Lugo, se ofertan Cursos de Análise Organoléptico cun pranteaxmento xenético-etiolóxico, incorporando cuestións agronómicas de laboreo como poda e fertilización, así como referencias xeomorfolóxicas limitantes para o establecemento de oliveiras”, sinala Alonso Suárez. “Todos teredes escoitadoi: sementar, recoller...¡Nooooon! Primeiro hai que preparar o terreo e a UNED, por medio do profesor Espinosa e os seus colaboradores, cumpre esa función social", engadiu o relator. 

Antón Alonso fala con José Espinosa, recentemente na Aula de UNED Ourense en A Rúa.

Na UNED celebráronse os seguintes cursos:

  • Curso de cata de aceites do Norte do Douro. Técnicas organolépticas de avaliación e diagnóstico aplicadas a aceites do Norte do Douro, de 50 horas (Ponferrada, 2013; Dr. López Peinado, Catedrático do Dpto de Química Inorgánica e Técnica).
  • Curso de introducción teórico-práctica á cara diagnóstica de aceites, de 20 horas (A Rúa, Ourense, 2015; Dra. Carballo, profesora titular da Facultade de Ciencias).
  • Obradoiro de introduccón á análise organoléptica de aceites, de 10 horas (I.E.S. de Quiroga-UNED Lugo, 2018; J. Espinosa, Investigador)

  • Introducción á olivicultura, de 50 horas (A Rúa, Ourense, 2022-23; (Dra Garcinuño, profesora titular do Departamento. de Ciencias Analíticas)
  • En total suman 130 horas de formación. 

Xunto á asunción directa da organización e xestión dos cursos, cabe subliñar, proseguiu o relator, "a colaboración da UNED para a incorporación e desenvolvemento do módulo: Análises organolépticas e cata de aceites, no Ciclo Formativo Medio de Elaboración de Bebidas e Aceites da Escola de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos, durante o curso 2014 así como o Curso de introducción á análise organoléptice dos aceites, promovido e desenvolvido a instancias do Concello de Quiroga no ano 2020. Estas actividades formativas permitiron a divulgación en forma de conferencias, charlas e asesorameentos que sobre olivicultura se desenvolveron na área de influencia de Quiroga. Alonso deu "grazas especiais polas contribucións persoais e académicas de Alberto Pereiro e Ricardo Malheiro do Instituto Politécnico de Braganza; Fe Mourenza do IES de Sanxillao de Lugo, e José Espinosa como coordinador e relator principal. Nas máis de 200 horas de docencia e divulgación de interese oleícola, os contidos tratados achegáronse a máis dun cento de interesados, surxindo grupos con capacidade de identificar signos que poñan de manifesto as características, atributos e defectos, ademáis de establecer un principio de diagnose a partir do cal, e sin perxuizo da intervención técnica pertinente, se facilite o enmendar e non soster os erros ou soster niveis de calidade que permitan consolidar o sector emerxente oleícola".

 

 

UNED Senior

Comunicac

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es