Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED, presente no curso A memoria da dictadura, na UIMP

26 de septiembre de 2025

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, e o Profesor Titor Julio Prada, disertarán na primeira das dúas xornadas, o venres 26 de setembro, organizadas pola Fundación Luis Tilve e a UIMP en Santiago de Compostela.

OURENSE, 26 de setembro de 2025. A UNED estará presente no curso A memoria da ditadura, que organiza desde a Universidade Internacional Mnéndez Pelayo (UIMP) na facultade de Xeografía e Historia da USC, en Compostela, este venres, 26 e o sábado, 27 de setembro. Por parte da nosa universidade participarán dous historiadores: o director de UNED Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz, e o Profesor Titor e Coordinador Académico de UNED Ourense, doutor Julio Prada Rodríguez, catedrático e decano da Facultade de Historia da Uvigo. Este venres, o primeiro intervirá ás 12:30 horas, para disertar sobre A represión do Maxisterio en Galicia, e o segundo farao ás 18:00 h para falar sobre Franquismo e represión de xénero en Galicia. Hoxe tamén intervirán os historiadores Xosé Manuel Núñez Seixas, (USC) para falar de Nacionalismo en tempos de nacionalcatolicismo; Lourenzo Fernández Prieto, (USC) que tratará sobre Victimarios no franquismo. Unha memoria incómoda. 

A información, piar da ditadura. Orixes e desenvolvemento dos servizos de intelixencia en España, é o tema que expoñerá Emilio Grandío (USC) mentres que Francisco Redondo Abal, (USC) falará do Top e o control da liberdade en Galicia. O último relatorio do día será o de Mariano Sánchez Soler (escritor e xornalista) con Franco S.A. e os ricos magnates da ditadura

Xa o sábado, día 27, intervirán, desde as 10:00 horas, Nicolás Sesma Landrín, (Universidade de Grenoble Alpes) para tratar do réxime franquista. Unha comparativa histórica. Montse Fajardo Pérez (xornalista e escritora) explicará O padroado de protección á muller. Un exemplo da subordinación de xénero baixo o réxime franquista

Ao mediodía, haberá unha mesa redonda titulada A procura da liberdade baixo o réxime franquista. Unha nova xeración en pos da democracia. Moderará Antonio Míguez Macho e participarán Salvador Fernández Moreda, Fernando González Laxe, José Clemente López Orozco e Fernando Salgado García

Clausurarán o curso o director do mesmo, Guillerme Pérez Agulla; a directora da UIMP en Galicia, María Jesús Lorenzo Modia e o decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Antonio Míguez Macho

Cando se cumpren 50 anos da morte do ditador Francisco Franco, e por primeira vez un réxime democrático prolóngase máis no tempo que a ditadura, é momento de recapitular e analizar unha etapa crave do noso pasado incómodo, desde a rigorosidade histórica e o estudo metodolóxico; ferramentas craves para evitar a repetición de pretéritos infames e fomentar o coñecemento e a información fronte aos bulos e o negacionismo histórico.

Obxectivos:

  • Promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
  • Fomenta-los valores democráticos. 
  • Difundir o coñecemento do noso pasado a través das últimas investigacións de profesionais da historia, desde a veracidade e a rigorosidade.
  • Formar a profesores, alumnos e cidadanía en xeral, no coñecemento básico da nosa historia contemporánea.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es