OURENSE, 9 de abril de 2025. Este curso de extensión en UNED Ourense analiza as transformacións máis relevantes rexistradas no Norte de África desde a denominada Primavera Árabe ata os nosos días, prestando especial atención tanto á súa dimensión internacional, especialmente na súa relación con Europa, como ás dinámicas locais. A partir de 2011 tiveron lugar unha serie de mobilizacións populares de carácter antiautoritario que abrangueron parte do denominado mundo árabe. Desa onda de contestación emerxeron actores que tentaron cuestionar dinámicas políticas vixentes desde a consecución das independencias nacionais, caracterizadas pola coerción política. Máis dunha década, transcorreu, suficiente tempo para analizar con perspectiva histórica os cambios de orde política, social e económico que xeraron, e para abordar ata que punto ditas mobilizacións tiveron éxito ou, pola contra, fracasaron, así como das implicacións que estas tiveron para o Magreb e os seus veciños europeos.
Os alumnos lograrán unha visión integral das primaveras árabes no Magreb, comprendendo a súa relevancia histórica e os seus impactos no particular contexto político, social e económico da rexión; ademáis de establecer conexións con outras dinámicas globais e presentar análises críticas dos retos actuais no Norte de África.
As datas de celebración serán do 22 de abril ao 13 de maio, en horario de 17:00 a 20:00 horas, desde o salón de actos de UNED Ourense. Poderase asistir presencialmente e en liña. Dispón de 20 horas lectivas (15 de docencia e 5 de traballo final). Permite obter 1 crédito ECTS. As sesións serán impartidas por David Manuel Alvarado Roales, doutor en Ciencias Políticas pola USC, profesor Asociado na Uvigo e docente en UNED Senior Ourense.
O programa do curso é o seguinte:
Martes, 22 de abril:
Martes, 29 de abril:
Martes, 6 de maio:
Venres, 9 de maio:
Martes, 13 de maio:
Matrícula
Este curso vai dirixido a estudantes universitarios do ámbito das ciencias políticas, historia, xornalismo, relacións internacionais e interesados en xeral na materia. Os obxectivos son os seguintes:
O sistema de avaliación consistirá na elaboración dun traballo práctico que persegue a aplicación do groso de contidos aprendidos na aula, computable con 5 horas. Este curso conta coa dirección de Julio Prada Rodríguez, Catedrático de Historia Contemporánea e profesor titor de UNED Ourense, así como coa colaboración da Universidade Mohamed V de Rabat.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Esta actividade impacta no ODS 16.
UNED Ourense
Comunicación