Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED oferta o IV Mestrado en Bioseguridade

26 de julio de 2025

Dispón de 25 prazas que se adxudicarán por orde de iscrición. O desenvolvemento do programa irá desde decembro de 2025 a decembro de 2026.

OURENSE, 26 de xullo de 2025. A UNED pon en marcha a cuarta edición do Mestrado en Bioseguridade, unha formación que persegue acadar as competencias do profesional da bioseguridade segundo as normas ISO/TS5441:2024. Para acceder a esta formación é necesario ter un título de grao en ciencias biomédicas (Bioloxía, Farmacia, Mediciña, Veterinaria, Xenética, Microbioloxía, Ciencias ambientais, Biotecnoloxía, Biomediciña, Bioquímica etc.), enxeñería ou arquitectura. Tamén vai dirixido a profesionais da industria farmacéutica e do sector sanitario ou zoosanitario que teñan que traballar en instalacións de contención biolóxica.

A dirección do curso poderá propoñer que se establezan requisitos adicionais de formación previa específica en algunhas disciplinas. De forma excepcional e previo informe favorable do director do curso, o Reitorado poderá eximir do requisito previo da titulación nos cursos conducentes ao Diploma de Experto Universitario. Os estudantes deberán presentar un Curriculum Vitae de experiencias profesionais que avalen a súa capacidade para poder seguir o curso con aproveitamento e dispoñer de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O estudante que desexe matricularse nalgún curso do Programa de Postgrao sen reunir os requisitos de acceso poderá facelo, tendo en conta que no suposto de superalo, non tenrá dereito ao Título propio, senon a un Certificado de aproveitamento. 

No curso académico de 2025-26 ofertaranse 25 prazas. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

A través deste Programa prantexase desenvolver unha formación actualizada, sistemática, activa e útil para a práctica profesional e investigadora en diferentes contextos da bioseguridade. Este mestrado ten como finalidade unha formación en bioseguridade específica que persegue acadar as competencias do profesional de bioseguridade segundo as normas UNE-CWA 16335: 2014.

Este mestrado consta de catro partes:

  • Parte I. Fundamentos e principios xerais (10 ECTS).
  • Parte IIPrincipios da Bioseguridade e Bioprotección (20 ECTS).
  • Parte III. Instalacións xerais de Biocontención (10 ECTS).
  • Parte IV. Instalacións específicas (10 ECTS).
  • Traballo Fin de Mestrado (10 ECTS).

O contido do programa é o seguinte:

Parte I. FUNDAMENTOS E PRINCIPIOS XERAIS (10 ECTS)

  • Tema 1.   Principios xerais de microbioloxía, bioquímica e bioloxía celular. 
  • Tema 2.   Principios xerais de bioloxía molecular e enxeñería xenética.
  • Tema 3.   Principios xerais de toxicoloxía e Seguridade Medioambiental.
  • Tema 4.   Principios xerais de epidemioloxía.
  • Tema 5.   A hixiene industrial.
  • Tema 6.   Vixilancia da Saúde.
  • Tema 7.   Factores humanos e ergonomía.

Parte II. PRINCIPIOS DA BIOSEGURIDADE E BIOPROTECCIÓN (20 ECTS) 

  • Tema 1.   AvalIación do Risco Biolóxico, F Xestión do risgo biolóxico, investigación de incidentes e accidentes. 
  • Tema 2.   Principios de bioseguridade. 
  • Tema 3.   Principios xerais de construción e enxeñería en contención biolóxica. 
  • Tema 4.   Selección, validación, certificación, uso e mantemento de equipamento. 
  • Tema 5.   Equipos de protección individual (EPI).   
  • Tema 6.   Os procesos de desinfección, descontaminación e esterilización. 
  • Tema 7.   Xestión de residuos biolóxicos.
  • Tema 8.   Embalaxe, envío, transporte, importación e exportación de material biolóxico. 
  • Tema 9.   Preparación e resposta cara emerxencias.   
  • Tema 10.  Auditorías e inspeccións. 
  • Tema 11. Formación e Comunicación. 
 

PRÁCTICAS VIRTUAIS

Parte III. INSTALACIÓNS XERAIS DE BIOCONTENCIÓN (10 ECTS)

INSTALACIÓNS CIENTÍFICAS E DE DIAGNÓSTICO

  • Tema 1. Lexislación. 
  • Tema 2. Deseño dunha Instalación Biocontida nivel 2 e 3.
  • Tema 3. Xestión da entrada e saída de persoas, materiais, residuos, animais e plantas.        
  • Tema 4. Ventilación, Presión negativa e Filtración HEPA. 
  • Tema 5. Tratamento de sólidos e efluentes. 
  • Tema 5. Tratamento de sólidos e efluentes.
  • Tema 6. Comisionamento de Instalacións de Alta Contención Biolóxica. 

PRÁCTICAS VIRTUAIS   

Parte IV. INSTALACIÓNS ESPECÍFICAS (10 ECTS) 

INSTALACIÓNS DE EXPERIMENTACIÓN ANIMAL   

  • Tema 1.  Aspectos legais e éticos que regulan a experimentación animal. 
  • Tema 2. Tipos de animalarios biocontidos. 
  • Tema 3. Uso de animais. Normas específicas de traballo. 
 

INSTALACIÓNS CON PLANTAS 

  • Tema 1. Deseño de Instalacións para plantas. 
  • Tema 2. Bioseguridade en traballos con plantas. 
 

CENTROS SANITARIOS   

  • Tema 1. A Bioseguridade en Centros hospitalarios. 
  • Tema 2. Laboratorios de anatomía patolóxica. 
  • Tema 3. Laboratorios de análises clínicos, diagnóstico e valoracións xenéticas. 
  • Tema 4. Laboratorios e áreas de infectocontaxiosos. 
 

INSTALACIÓNS DE PRODUCIÓN A GRAN ESCALA   

  • Tema 1. Instalacións de produción a gran escala.   
 

INSTALACIÓNS DE NIVEL 4 

  • Tema 1.  Deseño dunha instalación de nivel 4 de biocontención. 
 

PRACTICAS VIRTUAIS   

Traballo Fin de Mestrado (10 ECTS).

A metodoloxía é a propia do ensino a distancia na que non se require asistencia presencial. O mestrado baséase en videoclases impartidas por especialistas en Bioseguridade, así como material e documentación aportada polos docentes para guiar aos estudantes no seu estudo e formación. O curso virtual impartirase mediante unha plataforma propia da UNED, chamada aLF. O carácter do curso é teórico-práctico e ao longo do mesmo poporanse diferentes actividades non presenciais que teñen un carácter formativo e, ao mesmo tempo, serán a ferramenta de avaliación. 

Cada unha das partes do temario consta de diferentes temas cuxa base de formación e aprendizaxe será a través de videoclases impartidas por profesionais expertos. O curso conta con máis de 25 profesionais en Bioseguridade de toda España. Na parte II, III e IV realizaranse diferentes prácticas virtuais.

O estudante deberá superar e aprobar un exame tipo test de cada unha das partes do temario, así como das prácticas. Igualmente deberá realizar un Traballo Fin de Mestrado (TFM) que consiste na realización dun proxecto, memoria ou estudo, que aplique e desenvolva os coñecementos do mestrado. O estudante debe escoller un tema de entre as liñas propostas no curso virtual ou facer unha proposta razoable baseada nos seus intereses particulares e/ou na súa experiencia laboral e encontrar algún profesor do Mestrado disposto a titorizalo. Finalmente, o estudante deberá presentar a memoria do TFM na plataforma do curso e mostrar ao seu titor unha presentación con audio (minivídeo) de non máis de 10 minutos do seu TFM. Isto será o equivalente á defensa da súa memoria. A cualificación final do TFM terá en conta a memoria final aprobada polo titor como o minivídeo desenvolvido polo estudante atendendo aos criterios indicados polo titor docente.

Máis información aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es