Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED mostra a súa oferta na I Feira Educativa en Expourense

2 de abril de 2025

O evento foi inaugurado esta mañá polo presidente da Deputación e a directora xeral de Educación. Centos de rapaces acheráronse á caseta da nosa universidade para obter información dos graos e, de paso, coller un libro de balde.

OURENSE, 2 de abril de 2025. UNED Ourense está participando na I Feira Educativa: Espazo de Innovación e Colaboración Educativa, que se celebra hoxe e mañá, xoves, en Expourense.

Este evento nace coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector. Están presentes tamén unha vinte universidades, entre elas a UNED. 

A feira foi inaugurada esta mañá polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez, e a directora xeral de Educación, Judith Fernández Novoa. Na mañá do xoves, día 3, estará o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González. Ambos estiveron acompañados polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid, e polo xefe territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro Grande.

Luis Menor subliñou que a feira xa é un éxito, a xulgar polo volume de rapaces que encheron os pasillos de Expourense. E que para o ano hai que seguir, pero xa na nave principal de Expourense, porque esta edición xa queda pequena. Menor dixo que cando a Xunta lle propuxo esta feira, non o dubidou porque a Educación "é un valor estratexico para esta Deputación", para axudar a reter talento e para formar ben aos estudantes. Anunciou que xa están traballando na segunda edición.

A mañá estivo moi animada pois centos de rapaces dos máis diversos centros educativos ourensáns achegáronse a coñecer as diversas propostas universitarias. Na caseta da UNED foron recibidos polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, ao que acompañaron o colaborador informático, enxeñeiro Iván Luis Vázquez e os PTGAS, Luis Gulín Iglesias e Gladis Fernández Losada. Foron atendidos numerosos xóvenes que se foron sorprendendo porque na UNED non hai nota de corte en ningún dos 30 graos que ofrece actualmente. Tanto o director como o persoal da caseta explicáronlle a oferta da UNED, que leva formando a ourensáns 32 anos. 

Na caseta foi posible tamén coller un bolígrafo e, sobre todo, libros que UNED Ourense ten nunha longa mesa, e que tan só na primeira mañá, dun total de medio cento de libros, quedaron cinco. O stand da UNED estivo pois moi animado nesta primeira xornada.

A feira tamén servirá de lugar de encontro para diferentes membros da comunidade educativa para compartir experiencias e boas prácticas, reforzar o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e promover unha educación inclusiva e innovadora.

No acto tamén se pon en valor o labor transformador dos centros educativos da provincia de Ourense a través da exposición de proxectos innovadores que demostran a aposta pola calidade, a creatividade e a renovación pedagóxica. Estas iniciativas reflicten a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.

A UNED presume dunha dilatad historia de perto de 53 anos e de ofrecer unha boa formación cun alto grao de esixencia. Se queremos ter unha boa formación, temos que traballar duro e ben, temos que sudar a camiseta. A cambio remataredes os vosos estudos universitarios moi ben preparados, porque aquí entra todo", díxolles o director, que os animou a vir visitar as instalacións de UNED Ourense. "Aproveitade sempre o tempo, empregada a constancia, organizádevos e veredes como vades ter tempo para todo, pero sen deixar de lado o horario que teredes que ter de traballo, é decir, de estudo, cada semana. Eso será sagrado", engadiu.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es