
OURENSE, 15 de setembro de 2025. A Fundación UNED presenta O Proxecto Reto Rural Dixital e os cursos que o compoñen. O obxectivo é aportar e apoiar o pulo, a redución ou incluso a desaparición da desigualdade tecnolóxica territorial, e deste modo acadar un equilibrio real no emprego das tecnoloxías da información e comunicación entre o cidadán e a Administración, outros organismos e entidades ou persoas, facilitando así determinadas xestións cotiás que facilitan o día a día das persoas.
Este proxecto está dirixido a toda a poboación localizada en municipios con menos de 5.000 habitantes, municipios con máis de 5.000 habitantes que posean singularidade como poden ser pedanías, aldeas, caseríos parroquias, barrios rurais, consellos…) e municipios con máis de 20.000 habitantes que posean núcleos espallados (as liñas de actuación irán dirixidas a estes núcleos en concreto).
Os cursos son completamente gratuitos para os participantes, xa que están financiados con fondos europeos. Cada estudante pode inscribirse nun máximo de dous cursos. Actualmente está aberta a inscrición para a primeira convocatoria, que dará comenzo o 22 de setembro. Unha vez finalice, abrirase unha segunda e así sucesivamente.
A formación que se ofrece realízase me xeito individualizado, permitindo que cada estudante avance ao seu propio ritmo. Ao rematar o curso, quen tivera superada a formación recibirá un certificado de aproveitamento. A forma de impartición é tanto presencial (Centros Asociados á UNED en Valencia, Segovia e Cuenca), como a distancia para a totalidade do alumnado do resto do país que cumpran os requisitos en modalidade en liña.
A inscrición realízase directamente no curso de interese, a través deste enderezo enderezo .
Os estudantes deberán completar os seus datos personais e adxuntar a documentación requerida, segundo o seu perfil:
• Persoas desempregadas: DNI, certificado de empadroamento, informe de vida laboral e DARDE (documento de demanda de emprego).
• Maiores de 65 anos, menores de 25 anos e mulleres: DNI e certificado de empadroamento.
Este proxecto Reto Dixital a Inclusión Dixital Rural: un avance social, está subvencionado pola Unión Europea -Next Generation EU- no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
Convocatorias inicio-finalización
Accións formativas

UNED Ourense
Comunicación




