
OURENSE, 25 de xuño de 2025. Membros da directiva da asociación Mirada Mulleres +60 visitaron esta mañá a sede de UNED Ourense. Foron recibidas polo director, Jesús Manuel García Díaz, e pola coordinadora de UNED-Sénior, María Concepción Álvarez Gómez. Asistiron a presidenta, María Antonia Rilo Veiga, á que acompañaban Rosa Martínez Rodríguez, Isabel Fernández Moreira e Ana María Méndez Gómez.
Na reunión, Rilo Veiga presentou a asociación á Dirección de UNED Ourense, destacando que o obxectivo é dar voz á muller, "que se escoite a nosa voz". Presentaron o seu decálogo fronte ao idadismo, no que sosteñen:

Rilo explicou, ademais, as actividades que teñen previsto realizar á volta do verán e mostrou o seu interese por contar tamén coa UNED-Sénior. García Díaz díxolle que este ano a UNED-Sénior de Ourense cumpre o seu décimo aniversario e que poderán matricularse nela cantas socias queiran, sabendo que cada materia ten un prezo de 25 euros, subvencionando a Deputación o resto ata 50 euros. E que as clases son os luns e xoves pola tarde, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Alí cursan oito materias que os matriculados escollen. O director de UNED Ourense convidounas a matricularse e Rilo indicou que o van a propoñer na asociación. A coordinadora, María Concepción Álvarez Gómez, díxolles que indo ás clases na UNED-Sénior as persoas manteñen activa a súa mente, adquiren coñecementos, relaciónanse entre elas e están activas, sen quedar encerradas en casa. Contra iso loita tamén a asociación, pois Rilo Veiga teno claro e non desexan iso.
Os cursos de UNED-Sénior non forman parte dos ensinos oficiais da UNED. Son cursos breves, ao redor das 30 horas por cuadrimestre. Por tanto, para ser estudante de UNED Sénior non é necesario cumprir ningún requisito de formación nin ter estudos previos. Así que, se estás a buscar unha actividade que che anime a seguir aprendendo, manterche activo, divertirche e coñecer a outras persoas cos teus intereses, UNED-Sénior Ourense pode ser unha excelente opción.

UNED Ourense
Comunicación




