Responsabilidade social: da investigación á práctica
9 de octubre de 2025
A UNED, a Uvigo, a Comisaría Provincial da Policía Nacional e o Concello de Ourense celebrarán unha xornada, na mañá do día 15, sobre violencias sexuais, tecnoloxías, desafíos das drogas e servizos sociais.

OURENSE, 9 de outubro de 2025. A UNED, a Uvigo, a Policía Nacional e o Concello de Ourense celebrarán a Xornada Responsabilidade social: da investigación á práctica, que terá lugar o próximo mércores, día 15 de outubro. Este evento vaise desenvolver na Sala Emilia Pardo Bazán, do Edificio de Ferro do Campus de Ourense, en horario matinal. A entrada será totalmente libre.
Trátase dunha iniciativa surxida fai uns meses entre o comisario da Policía Nacional, Juan Castor Vázquez Salgado, e os dous representantes institucionais das universidades que operan en Ourense: o director de UNED Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz e o vicerreitor do Campus de Ourense da Uvigo, doutor Francisco Javier Rodríguez Rajo, ambos ostentan oficialmente a representación dos seus correspondentes reitores. Aquel encontro deu como resultado esta primeira xornada.
O programa a desenvolver será o seguinte:
- 9:30 h: Benvida: Coa presencia do Comisario da Policía Nacional, do Vicerreitor do Campus de Ourense, do Director de UNED Ourense, acompañados da Decana da Facultad de Educación e Traballo Social, María Isabel Mociño González, e tamén da concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Tamara Silva Cid.
- 9.45 h: Novas violencias sexuais baseadas nas tecnoloxías no colectivo adolescente ourensán: unha análise multimétodo, a cargo de Yolanda Rodríguez Castro, Profesora titular na Uvigo e Profesora Titora en UNED Ourense; e de Rosana Martínez Román, Axudante Doutora da Uvigo. A continuación intervirá o inspector José Manuel Araújo Fernández, xefe da Unidade de Delincuencia Económica e Tecnolóxica da Comisaría Provincial. Falará sobre Delitos sobre violencias sexuais baseadas nas tecnoloxías.
- 11.00 h: Desafíos actualis das drogas na sociedade: o caso de Ourense, con Clara Bañares Martín, investigadora do Instituto Universitario General Gutiérrez Mellado, da UNED. De seguido falaráMiguel Ángel Ruiz Sanz, Fiscal antidroga en Ourense. O seu relatorio titúlase: A loita contra a drogodependencia na cidad de Ourense.
- 12.15 h: Pausa café.
- 12.30 h: Os servizos sociais do Concello de Ourense: dinámicas e contextos, con María del Portal Viso González, Traballadora social do Concello de Ourense. A continuación intervirá o inspector Carlos Vázquez Cid, xefe da Unidade de Atención á Familia e á Muller na Comisaría Provincial. O seu tema será: Situacións de vulnerabilidade na cidade de Ourense.
"Celebro que as dúas universidades, máis a Comisaría Provincial e o Concello de Ourense podamos ofrecer xuntos esta iniciativa para analizar o que está pasando na nosa cidade. Desde o primeiro momento foi unha ilusión traballar nesto e entre os catro ofrecer esta primeira edición que, ogallá se convertera na primeira de moitas", sinalou o director de UNED Ourense.

UNED Ourense
Comunicación