
OURENSE, 17 de marzo de 2025. UNED Ourense celebrará na súa Aula Universitaria da Rúa, a IV Edición do Curso de Poda de respecto, os días 28 e 29 de marzo. Estará impartido polos enxeñeiros Ricardo Dobao Macía, director técnico dunha adega na D.O. Valdeorras e Enrique Santiago Pérez Espino, técnico do Consello Regulador de Valdeorras.
Como en edicións anteriores trataranse conceptos previos relacionados con póda de respecto, erros comúns, tipos e técnicas, poda de formación e por suposto, prácticas dos distintos sistemas, nunha saída ao campo, guiada polos técnicos.
O curso chega xa á súa cuarta edición dado o enorme éxito en todas as convocatorias anteriores. A comarca de Valdeorras é unha zona de viñedos e adegas con denominación de orixe, polo que a aceptación deste tipo de formación é máxima. Traballadores de adega, particulares con viñedos, persoal eventual de traballo en viñas e interesados en xeral, constitúen o perfil de alumnado ao que vai dirixido o curso.
Aínda que é a cuarta edición, sempre se trata de explicar desde conceptos básicos de póda de respecto ata nocións un pouco máis avanzadas, para cubrir calquera posible perfil de estudante con diferentes coñecementos ou inquietudes. O curso celebrarase na aula da Uned na Rúa en horario de 16:00-21:00 horas o venres, e de 9:00 a 14:00h o sábado, en modalidade presencial. As súas características e temática obrigan a impartilo desta maneira, con prazas limitadas a 30.
A inscrición faise na seguinte ligazón

UNED Ourense
Comunicación




