Mapa web
Youtube
Campus UNED

UNED, Uvigo, Xóvenes Empresarios e os hospitais Meixueiro de Vigo e La Paz de Madrid, entre os colaboradores do Centro de IA do Concello de Ourene que se presenta este mércores, 28

26 de octubre de 2020

O acto será semipresencial e comezará a emitirse en directo para toda a sociedade por streaming ás 11.00 horas

Ourense, 26 de outubro de 2020.- A UNED e a Uvigo son dúas das institucións que estarán presentes este mércores no acto oficial de presentación ao público do Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense. O evento público se poderá seguir en liña por streaming, aberto a todas as persoas que desexen coñecer o proxecto que pon en marcha o Concello de Ourense, e os servizos e loñas de traballo que desenvolverá.

Participarán representantes do Concello e diferentes entidades que colaboran co centro: A Universidade Nacional de Educación a Distancia, a Universidade de Vigo, os hospitais do Meixoeiro e La Paz ou a asociación AJE de xóvenes empresarios. 

A presentación oficial comezará ás 11.00 h para terminar ás 13.15h. Terá un formato semi-presencial debido ás limitacións impostas pola pandemia da COVID-19. Se realizará desde a sede do centro, ubicada no edificio de La Molinera, con participacións online por videconferencia. 

Segundo informa o Concello de Ourense, abrirán a xornada o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri

A continuación intervirán representantes de entidades colaboradoras do centro: Jesús Manuel García, director do Centro Asociado á UNED en Ourense; Lois Babarro, presidente de AJE Ourense; Humberto Michinel, catedrático en Física da Universidade de Vigo; Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñería  Informática da Uvigo; Sixto Jansa, director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UNED; Rafael Martinez, catedrático de IA e director da Escola de Enxeñería Informática da UNED, en Madrid; Francisco Gambón, xefe de Inmunoloxía do Hospital do Meixoeiro, en Vigo; Luiz Starksenior research na Fundación para a Investigación Biomédica no Hospital Universitario La Paz, en Madrid, e os técnicos municipais José Manuel Oliver, xefe do servizo de Urbanismo, e Jose María Eguileta, jefe do servizo de Arqueoloxía. Finalizará a xornada coa intervención de David Olivieri

O Centro de Intelixencia Artificial de Ourense, segundo a filosofía municipal, ten como finalidade aportar beneficios socioeconómicos á cidade de Ourense e ao seu entorno mediante a creación dun centro tecnolóxico de excelencia enfocado ás aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real. 

Ligazón para poder seguir o acto oficial presentación premando aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es