Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

En UNED Ourense realizáronse 973 exames de setembro

13 de septiembre de 2022

O maior número de probas presenciais deuse nas carreiras de Dereito, Psicoloxía e Educación. Durante toda a semana do 5 ao 10 de setembro reinou o bo ambiente sen incidencias nas máis de vinte sesións celebradas. 

OURENSE, 13 de setembro de 2022. En UNED Ourense, durante a semana de exames de setembro, celebráronse 973 probas presenciais desde o luns 5 ao sábado 10 de setembro. O maior número de exames (310), corresponden con alumnos que estudan Dereito, seguido dos 283 que fixeron estudantes de Psicoloxía. Exames da Facultade de Educación realizados en Ourense son 72, aos que seguen os 49 feitos por estudantes matriculados na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UNED. A continuación están os 48 exames de Filoloxía e os 40 de Xeografía e Historia. Da Facultade de Ciencias fixéronse en Ourense 36 exames e da Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da UNED levaronse a cabo nas instalacións de Ourense 23 probas presenciais. 

Durante toda a semana reinou o bo ambiente. A maior parte dos estudantes é xente nova e todos foron recibidos no Centro polo director, que os animaba a dalo todo nas probas, iso si, sen nervios. O Tribunal desta semana de exames estivo composto por Manuel Alonso Castro Gil, como presidente, sendo vicepresidente Jesús Manuel García Díaz; secretaria Gema Garcialoro Bravo e vogal Andrés López de la Llave Rodríguez. A comisión de apoio integrárona Natalia Carnicero Villamarín como profesora titora e Gladys Fernández Losada e Luis Gulín Iglesias, como representantes do Persoal de Administración e Servizos (PAS).

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, salientou “o saber estar de todos os nosos estudantes, así se comprobou unha vez máis na aula de exames, onde todos esforzáronse en dar o mellor de si mesmos para respostar da mellor maneira ás cuestións expostas en cada exame. Arrincamos a todos un sorriso para vencer calquera nerviosismo e entrar na sala con tranquilidade. Vimos estudantes que acaban a súa carreira agora, outros que continúan o seu percorrido formativo. Xente comprometida cos seus estudos, que os sacan adiante á vez que traballan ou que, en máis dun caso, han de atender obrigacións familiares. Prepararse na UNED custa esforzo pero compensa. Por iso todas estas persoas teñen mérito, porque lle botan horas, moito tempo. E ganas. Ir aprobando exames é superar pequenos triunfos que levan ao triunfo maior, sacar adiante a titulación”.

Os exames fixéronse cada día en catro sesións: ás 09:00h, ás 11:30h cada mañá e ás 16:00h e ás 18:30h polas tardes. O sábado 10 de setembro foi a xornada exclusiva para exames de reserva, realizándose 26.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es