Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Elaboración de tintos e brancos con cata por variedades de uva

3 de octubre de 2025

A UNED organiza en A Rúa un curso que ensinará aos participantes a distinguir sabores e aromas. Celebrarase do 24 de outubro ao 8 de novembro. 

OURENSE, 3 de outubro de 2025. Dentro do programa de formación que se impartirá ao longo deste ano, dan comezo os cursos na Aula Universitaria da UNED na Rúa de Valdeorras e fano co I Curso de "Elaboración de viños tintos e brancos. Cata por variedades de uva", que dará comezo o próximo 24 de outubro ao 8 de novembro de 2025, en horario de tarde os venres, e matinal os sábados.

A UNED ten moi presente a rexión vitivinícola na que se atopa e as demandas que existen en canto a formación para o emprego. Por iso é polo que unha das áreas de formación sempre se oriente cara ao sector vinícola. Cunha alta participación e implicación por parte dos asistentes en anos anteriores, UNED Ourense organiza unha nova edición. 

Os contidos do programa inclúen temas como elaboración de variedades brancas e elaboración de tintos, facendo fincapé nas singularidades de cada variedade e conceptos concretos para a elaboración de viños. Durante catro xornadas, combínanse clases teóricas con prácticas (cata guiada de ambas as variedades), con análise sensorial enfocada a desenvolver a capacidade dos asistentes para distinguir aromas e sabores. 

Organizado pola UNED Ourense e impartido por María Eugenia Medina González, enóloga e Licenciada en Bioloxía, rexenta Dona Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L. Trátase dunha relatora cunha dilatada experiencia no mundo vitivinícola. 

Este curso vai celebrar os días 24 e 25 de outubro, tanto en modalidade presencial como en liña, con posibilidade de matrícula especial para os asistentes en modalidade virtual. Consta de 16 horas lectivas e a matrícula ordinaria costa 35 euros, sendo a especial, de 30 euros.

O viño, na nosa rexión, é un nicho de emprego, que se debe apoiar e fomentar, tamén un destino turístico e cultural, cada vez con máis forza e á vez fonte dun desenvolvemento sostible dos nosos recursos locais. Este tipo de formación é clave para garantir a continuidade e evolución do sector vinícola na nosa zona. Más información do curso e matrícula, picando nesta ligazón .

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2025-2026Accede
BibliotecaAccede
BibliotecaAccede
Convocatoria interna tutores 2025-2026
Accede
Microcredencial Explotación y tratamiento de la castaña en GaliciaMatricúlate aquí
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es