Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O novo Campus do Estudante abre hoxe a tan só un clic de ti 

4 de octubre de 2022

O seu deseño permite ter unha maior e mellor accesibilidade ás funcións do maior interese para os estudantes. 

OURENSE, 4 de outubro de 2022.  Desde hoxe os estudantes matriculados na UNED accederán a un novo Campus do estudante que foi deseñado para gañar accesibilidade naquelas funcións que máis interesan aos estudantes: formación, avaliación e secretaría.       

O novo Campus do estudante prantexouse desde a accesibilidade e tamén con foco na persoalización, permitindo adatar contidos e ferramentas aos gustos e preferencias de cada matriculado. Todo elo desde a simplicidade dun Campus que está adatado para cubrir as diferentes capacidades dos estudantes da UNED.

Novidades

Entre as súas novidades, incorpórase un calendario que irá adquirindo novas funcións nos próximos meses, ata converter a esta ferramenta nunha das imprescindibles para xestionar e organizar tanto os estudos como a vida universitaria: planificación, titorías, eventos e horarios, entre moitas outras cousas. Tamén estará dispoñible desde hoxe a función avisos, para non perder ningunha cita.

Os estudantes xa poden gozar de todas as funcións do novo Campus do Estudante a un só clic. Dispoñemos dun tour virtual onde están explicadas estas vantaxes e outras moitas utilidades. Tamén a asistencia aos estudantes proporciónase mediante un chat bot, do Centro de Atención ao Estudante a do Centro de Atención ao Usuario do CAU.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es