Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O director da S.A. Xacobeo falará en Xinzo do desenvolvemento da Vía da Prata

31 de marzo de 2025

Ildefonso de la Campa participará o mércores, 2 de abril, desde a Casa da Cultura de Xinzo de Limia, na quinta conferencia do ciclo organizado por UNED Zamora e UNED Ourense.

OURENSE, 31 de marzo de 2025. O director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro, será o protagonista da quinta conferencia do ciclo Os camiños de Santiago: o Camiño Portugués da Vía da Prata por Zamora, Tras-Os Montes e Ourense, que organizan UNED Zamora e UNED Ourense por segundo ano consecutivo. A súa intervención terá lugar o mércores, 2 de abril, ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. A entrada será libre ata completar aforo. De la Campa Montenegro disertará sobre Realidades e perspectiva de desenvolvemento da Vía da Prata. Esta conferencia é posible grazas á colaboración de Turismo de Galicia con este proxecto da UNED.

O roteiro de conferencias da UNED comezaba o pasado 6 de marzo na vila zamorana de Alcañices, seguindo en Bragança o 14 de marzo; en Vinhais o día 20 e en Monterrei, o pasado día 26. Agora tócalle a quenda á capital limiana.

Ildefonso de la Campa (1967) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Ocupou diversos postos na administración da Xunta de Galicia. Desde outubro de 2020 é director de Administración e Relacións coas Asociacións do Camiño de Santiago S. a. de Xestión do Plan Xacobeo. Desde o 1 de xaneiro de 2023 preside a Federación Europea do Camiño de Santiago. Previamente fora director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (2018-2020).

Foi igualmente asesor do Presidente da Xunta de Galicia entre xullo e outubro de 2018. Desempeñou o cargo de director xeral de Migracións, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social entre os anos 2017 e 2018. De la Campa foi Xefe de Gabinete da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, desde o ano 2009 ata 2016. Entre os anos 2006 e 2009 exerceu como Director Xerente da empresa Alcance, Consultoría Galega de Proxectos e previamente, desde 2004 a 2005 foi Director Xerente da Fundación Pública da Xunta de Galicia Axencia Humanitaria de Galicia.

Tamén prestou servizo como Xefe de Gabinete da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia (2002-2004) e exerceu como asesor de protocolo do presidente Manuel Fraga Iribarne, ademais de ser responsable de loxística e seguridade do grupo executivo de ACNUR en Herzegovina Leste, prestando atención á poboación en situación de desprazados de guerra no conflito Bosnia-Herzegovina (1993-1994). Un ano antes fora asesor do Secretario Xeral para as Relacións coas Counidades Galegas.

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2025-2026Accede
BibliotecaAccede
BibliotecaAccede
Convocatoria interna tutores 2025-2026
Accede
Microcredencial Explotación y tratamiento de la castaña en GaliciaMatricúlate aquí
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es