Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O carné de estudante é fundamental para facer os exames na UNED

14 de mayo de 2023

Se aínda non o tes, venche a UNED Ourense para facelo e levarascho ao momento sen abonar ningunha taxa.

OURENSE, 14 de maio de 2023. O Carné de Estudante da UNED é necesario para a realización dos exames. Non o deixes para o último momento e solicítao xa! É moi fácil, só tes que seguir tres pasos:

  • Revisa o horario do teu centro. En UNED Ourense poderás obter o carné en horario de mañá e de tarde, de luns a venres.
  • Trae o teu DNI. 
  • Aquí farémosche unha fotografía e entregarémosche o carné de estudante ao instante e de forma gratuíta.

É fundamental que todo matriculado na UNED acuda aos exames portando o carné de estudante. Segundo a normativa vixente, este documento deberá estar colocado sobre a mesa durante toda a proba e será imprescindible para poder entregar o exame, dado que os membros do tribunal van pedilo. Na convocatoria de febreiro foron varios os estudantes que tiveron que ir ao coche a polo seu carné ou irse axiña a casa para telo a man no exame. É, por tanto, unha responsabilidade de cada estudante telo a man.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es