Mapa web
Youtube
UNED

Das falanxes gregas aos satélites da guerra de precisión

8 de noviembre de 2022

O decano da Facultade de Ciencias da UNED, José Carlo Antoranz, amosou no Centro Marcos Valcárcel a axuda que as matemáticas aportan á arte da guerra desde a lonxana Grecia ata os combates máis sofisticados dos nosos días. O relator demostrou un coñecemento importante de estratexia militar.

OURENSE, 8 de novembro de 2022. Comezou o relator referíndose a unhas declaracións de Juan Carlos Losada Malvárez, da Universidade de Barcelona, cando sostén que "os avances tecnolóxicos que experimentou a sociedade sempre se aplicaron, case de modo inmediato, á guerra, pois da súa sorte dependía a supervivencia da comunidade...O paradoxo é evidente: cambios que permitiron mellorar ostensiblemente as condicións de vida da humanidade, tamén supuxeron formas máis eficientes de matar e de poñer en perigo a mesma supervivencia do planeta". E tamén citou o feito, non fai moitos anos, en plena situación de tensión tras os atentados  contra as Torres Xemelas de Nova Iorque, dun economista que viaxaba en avión a Estados Unidos para dar unha clase ou unha conferencia e na mesiña do seu asento púxose a desenvolver unha fórmula matemática que cubría todo o folio. Quen se sentaba ao seu carón denuncionuno por considerar que aquela linguaxe matemática  era escritura musulmana e ao economista parecíalle, polo tanto, un suposto terrorista. Tras varias xestións, o economista pudo xustificar que era tal e que escribira unha fórmula longa, en linguaxe matemática. Nada máis. Ao final quen non seguiu a viaxe foi o outro viaxeiro que o denunciou, polo pola vergoña de non coñecer a simple vista que o que o seu compañeiro de asento escribía non era mákis que unha complexa expresión matemática.

Antoranz referiuse no seu repaso histórico ás matemáticas na Grecia clásica, con Alejandro Magno e a estrutura das falanxes; daquela ás matemáticas en Roma, cos múltiplos de 10 para a lexión, as cohortes, os manípulos, as centurias e as decurias. O relator falou de transformacións xeométricas nas plantas das urbes romanas e chegou a Diego de Álava y Viamont (1542-1620) coa necesidade de coñecer, antes de disparar, en primeiro lugar, a distancia ao obxectivo; a diferenza de alturas entre o obxectivo e a peza de canón así como o alcance do obús. Viamont é autor do tratado O perfecto capitán instruído na Disciplina Militar e nova ciencia da Artillería

José Carlos Antoranz ofreceu algúns datos históricos segundo os cales Roosevelt pediu, o 4 de maio de 1941, a fabricación de 500 bombardeiros ao mes. Ese ano o Reino Unido había fabricado 498 en doce meses. O presidente americano permitiu o uso ilimitado contra civís, levando a guerra á casa do alemán normal e corrente. A intelixencia de Estados Unidos elevou as cifras de avións alemáns sostendo que no 1941 construíran 11.776 avións mentres que se afirmou que foron 42.500.

Churchil prometeu a Stalin que se bombardearían cidades alemás para romper a moral da poboación civil inimiga. Os aliados non bombardearon as primeiras liñas de combate en 1942 e o Reino Unido bombardeou cidades alemás antes de que Alemaña bombardease o Reino Unido. 

"Ao comezo, menos dun cuarto de bombas dentro dun radio de 8 km; un 30% sobre zonas urbanizadas e no Ruhr, as brumas e a contaminación causaron un erro de entre o 90% e o 95%". Cara as informacións da Intelixencia de USA, Roosevelt durante a Segunda Guerra Mundial, construíu: 

  • 297.000 avións, que postos un a un darían para cubrir en linea recta a distancia entre Pekín e Moscú.
  •  86.000 carros de combate.
  •  2.000.000 camións.
  •  x3/2 anos de produción de máquinas-ferramenta.
  •  8.800 buques de guerra en catro anos.
  •  87.000 lanchas de desembarco.
  •  barcos de gran calado, 1 Xapón/16 USA.

 A continuación, o decano de Ciencias da UNED definiu que se entende por Intelixencia Operativa (IO). "Basicamente consiste na construción dun modelo científico-matemático do sistema, co cal se poden predicir e comparar os resultados de diversas estratexias e decisións, incorporando medidas de azar e risco. O obxectivo é axudar aos dirixentes (responsables) a determinar cientificamente as súas políticas de actuación". Explico como foi posible que os Estados Unidos producisen tanta maquinaria bélica, implicándose o sector privado na produción en masa (Ford, General Motors, etc). "Os militares dirixían a industria, o que supoñía menor produción a capricho dos mandos e só usaron o 50% da capacidade de produción", expuxo o relator, dando datos da contenda mundial. 

Ao referirse á investigación de Operacións de Loxística, Antoranz mostrou as definicións de IO de Aurther Clarke e T.L. Saty. Para o primeiro a IO é a arte de gañar guerras sen loitar realmente. Para o segundo, a IO é a arte de ofrecer malas respostas a problemas onde doutro xeito danse peores respostas.

 "A loxística é a arte sen gloria cuxas funcións básicas sobre os recursos son determinar necesidades, obtención e distribución. Encárgase de planificar, coordinar e controlar". Así citou os casos da primeira Guerra do Golfo, e todo o que supuxo. Tamén se detivo na Guerra dos 6 días na que Israel dedicouse a coñecer mellor ao enemigo, é decir, a usar a intelixencia; distribuir mellor e máis rápido, o que supón  loxística e prever situacións antes que o enemigo. Israel non tiña a industria necesaria. Ao final , en seis días de contenda os datos son elocuentes: Israel tivo 777 mortos, 2.563 feridos e 15 prisioneiros, todo empregando 26 avións. Do outro lado, Exipto tivo entre 9.000-15.000 mortos e 4.388 prisioneiros; Xordania rexistrou 700 mortos e 533 prisioneiros e Siria, 250 mortos e 590 prisioneiros. Todo elo con 452 avións e milleiros de carros de combate destruídos.

Citou a imaxe multiespectral, quen é máis rápido e ve mellor; o uso da telefonía móbil ata chegar á guerra actual, co uso do GPS e teledetección. 

A teledetección é a técnica de adquisición de datos da superficie terrestre desde sensores instalados en plataformas espaciais. En Ucraína úsase esa técnica. "Hai empresas privadas que teledetectan, identifican, posicionan e envían información. Hai intelixencia que determina as accións e envía material guiado por GPS ao obxectivo. Utilízase o WorldView-3, resolución BW, 31 cm e cor, 1,2 metros". 

Os satélites, explicou o relator, detectan os obxectivos e sitúanos e seguen a súa traxectoria a través de intelixencia con tratamento dixital de imaxes. Permiten elixir o mellor elemento para interceptar o obxectivo, comunicacións encriptadas cos executores mediante números primos e intelixencia; seguimento vía GPS do elemento lanzado e teledetección-verificación de resultados a través do tratamento dixital de imaxes (filtros, transformadas, matrices). 

Hai outro tipo de guerra que é a denominada Guerra Mosaico ou Era da Precisión. Iso implica municións de precisión moi abundantes e de baixo custo; abundancia de sensores (drons, cámaras); fusión dos datos nunha rede que coordine a masa dispersa de vehículos sensores e tiradores así como atomización dos combates. 

Se falamos de prezos e datos a outubro de 2022, José Carlos Antoranz expuxo os seguintes:

  •  Canto custa un carro de combate? T-90 ruso, 2.5x10 á sexta $; un M1-Abrams (americano), 8.6x10 á sexta $
  •  Cal é o prezo dun avión? o Mig-35, 3.0x10 á sétima $ e o F-35, 7.8x10 á sétima $
  •  Gasto dun carro de combate: o ruso, na estrada, 3 litros/km; o americano na estrada, 7 litros/km e en campo, 15 litros/km (un tanque de 1.900 litros). 

 Sinalou Antoranz o ciclo da intelixencia para referirse ás matemáticas modernas e Twitter:

  • Dirección e planificación. 
  • Obtención de información. 
  • Procesamento desa información. 
  • Análise da información e produción de intelixencia.
  • Difusión da intelixencia.
  • Feedback (retroalimentación). 

 O decano da Facultade de Ciencias da UNED deu un bo repaso ao título do seu relatorio, captando o interese do público que lle escoitou no salón do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Trátase dunha nova acción de UNED Ourense para divulgar ciencia.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es