Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Convocatoria de exames setembro 2020

27 de agosto de 2020

Revisa aquí toda a información sobre o sistema AvEx e como realizar os teus exames en liña

OURENSE, 27 de agosto de 2020.-Os exames de setembro achéganse. Recorda que, ao igual que en xuño, nesta convocatoria os exames realizaranse principalmente en liña mediante a aplicación AvEx. Nestes días previos recomendamosche revisar as condicións técnicas do dispositivo que vaias utilizar para realizar os exames.

Esta aplicación foi desenvolvida para a realización de exames de modo non presencial na UNED e resulou de especial utilidade neste periodo de alerta sanitaria. AvEx permite a realización de exames tanto de tipo test como de desenvolvemento ou mixtos, sen necesidade de instalación de software adicional no teu dispositivo. Tamén é compatible con todos os sistemas operativos e podes acceder desde calquer navegador web actualizado. Pódelo empregar desde todo tipo de dispositivos electrónicos conectados á rede: teléfono intelixente, ordenador e/ou tableta.

Calendario de exames e condicións de evaluación:

Recorda que é moi importante revisar o calendario de exames por se houbera modificacións. Podes consultar o calendario de exames das probas de setembro premando aquí. 

Tamén, lembra revisar e verificar as indicacións sobre a evaluación que proporcione cada equipo docente. Esta información atoparala  actualizada no curso virtual da materia (plataforma aLF). 

Como e cando debo acceder ao meu exame mediante AvEx:

Tras consultar o calendario e verificar que non houbo cambios, o día do exame poderás acceder ao sistema desde 20 minutos antes da hora de comezo oficial.

Durante este tempo deberás validarte coa túa conta e código (ou obtendo se non fixeche antes), aceptar a política de privacidade (se non o fixeche antes), comprobar o funcionamento da túa cámara e acceder á aula á espera do comezo do exame á hora oficial.

É MOI IMPORTANTE que accedas a AvEx antes de que comece oficialmente o exame, xa que NON permite o acceso unha vez dea comezo a hora oficial. Se chegas tarde, non poderás realizar a proba. 

Para acceder á aplicación AvEx debes escribir o seguinte enderezo no teu navegador https://unedenlinea.es/ ou podes ir directamente premando aquí.

¿Que é o que necesitas para examinarte en AvEx?:

¿Podo entrar agora en AvEx e solicitar o meu código de exame?

Si, de feito é MOI RECOMENDABLE que, se non entrache previamente na plataforma, o fagas canto antes. Se eres estudante de Grao, Mestrado ou CUID (idiomas) é moi importante que probes esta aplicación, para familiarizarte con ela e para obter o código necesario para a súa realización.

Recomendámosche igualmente que accedas co dispositivo que vas facer o exame, así terás todo configurado para o día que teñas que examinarte. Recorda que calquer retraso o día do exame pode significar que non podas evaluarte.

12 verificacóns que che asegurarán un exame perfecto:

En menos dun minuto e mediorecordámosche algunhas verificacións previas que deberás comprobar para realizaros teus exames UNED na plataforma AvEx. Para ver o vídeo explicativo prema aquí.

Videotutorial:

Tamén podes consultar o videotutorial no que en menos de 10 minutos, explicámosche todo o que precias saber para sacar o máximo proveito da aplicación e deste periodo de proba. Podes ver o videotutorial premando aquí.

Manual AvEx para estudantes:

Do mesmo xeito poñemos ao voso dispor o Manual AvEx para Estudiantes, no que che indicamos como funciona a aplicación e resolverá todas as túas dúbidas. Podes descargar o Manual AvEx premando aquí.

Blog sobre AvEx e FAQs:

Convidámosvos a seguir todas as novidades relacionadas coa aplicación de exames en liña no noso blog UNED-AvEx, posto en marcha polos centros tecnolóxicos da universidade. Podes acceder ao Blog sobre AvEx premando aquí.

É de especial interese que consultes a sección de preguntas frecuentes na que podes encontrar información polo miudo para solucionar posibles incidencias e coñecer como configurar axeitadamente o teu dispositivo. Podes consultar a sección de FAQs premando aquí.

¡Moita sorte!

¡Seguimos online, seguimos contigo!

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es