Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Concerto de fin de curso para UNED Senior no Teatro Principal de Ourense

25 de junio de 2022

O vindeiro xoves, 30 de xuño, os alumnos máis veteranos disfrutarán de unha actuación musical protagonizada pola Agrupación Musical de A Limia. O acto está aberto a cantos queiran asistir, ata encher aforo.

OURENSE, 25 de xuño de 2022.-Os estudantes da UNED Senior en Ourense van despedir o curso 2021-22 os vindeiros días 28 e 30 de xuño cunha excursión e un concerto no Teatro Principal. A excursión farase á cidade de Pontevedra, para visitar os seus monumentos, percorrer as súas rúas e ver as súas paisaxes marinas dos arredores. Isto terá lugar o martes, 28. Dous días despois, terán unha cita no Teatro Principal de Ourense cun concerto que lles dará a Agrupación Musical de A Limia, a partires das 19.00 horas. A esta actividade musical poderán acudir cantos ourensáns queiran, ata cubrir aforo. 

A Agrupación Musical de A Limia interpretará as seguintes composicións:

  • Camino de Rosas (Pasodoble), de José Franco e Ribate
  • Portraits of Spain, Teo Aparicio Barberán

  • Spirited Away, Joe Hisaishi

  • La bella, María Mendoza

  • El Vals de Las Mariposas, Dani Daniel

  • Medley Boleros, Popular

  • Por qué te vas, Jeanette

  • Mi gran noche, Raphael

 Antes da actuación musical, intervirán a coordenadora da UNED Senior en Ourense, María Concepción Álvarez Gómez, e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, quen agradece "a iniciativa da Agrupación Musical de A Limia para poñer o broche de ouro ao curso dos nosos maiores, unhas persoas encantadoras que gozan coas materias de temas tan variados como as que teñen nesta modalidade formativa que ofrece a UNED en Ourense. E tamén agradezo a disposición da dirección do Teatro Principal para acoller este acto. Entre todos sumamos e facemos máis e mellor Ourense".

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es