Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense retoma desde hoxe as sesións do curso de Computación Cuántica, mediante videoconferencia

16 de abril de 2020

As clases serán os martes e xoves de 18.00 a 20.00 horas coa docencia a cargo de José Luis López Fernández, coordenador Tecnolóxico do Centro Asociado

OURENSE, 16 de abril de 2020.- Hoxe retomanos as sesións do curso de extensión universitaria sobre Computación Cuántica, que por motivo da crise do Covid-19 non puido continuar co seu horario previsto desde marzo. As clases impártense agora telemáticamente usando a ferramenta de Webconferencia. Así pois, desde hoxe mesmo, esas sesións serán de dúas horas para que non resulten moi pesadas, dous días á semana. Quedaban 15 horas, pero programouse un día máis por se fose necesario ou os alumnos estiman que podería ser útil. Por iso ditas sesións serán os días 16, 21, 23, 28 e 30 de abril ademais do 5, 7 e 12 de maio. Coinciden sempre en martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas. Este curso está dirixido por Timothy Martin Read, profesor titular do Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos da Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da UNED. Vai dirixido a estudantes universitarios e de ciclos formativos afíns á materia do curso e interesados en xeral na materia. Sería desexable que o alumno:

 · Coñecese algunha linguaxe de programación clásico, se é posible Python.

 · Tivese algún coñecemento elemental de mecánica cuántica.

 · Coñecemento elemental de álxebra lineal, co nivel de bacharelato podería ser suficiente.

 O obxectivo deste curso é establecer unhas bases de coñecemento sobre a computación cuántica. A metodoloxía consistirá en acompañar todos os contidos de boletíns de exercicios para reforzar a aprendizaxe, e será necesario, para superar o curso, realizar satisfactoriamente unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo durante o seu desenvolvemento así como cubrir a enquisa final de curso. O docente é José Luis López Fernández, coordinador Tecnolóxico do Centro Asociado á UNED en Ourense.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es